Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Tecnoloxía galega, na Global Robot Expo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE MAIO DE 2019 · (0)



Cinfo, compañía coruñesa especializada en sistemas intelixentes de produción automática de vídeo na nube, presenta hoxe na feira internacional sobre robótica que se celebra en Madrid o seu sistema multicámara embarcado para equipos de salvamento en misión de rescat


O head of intelligent video de Cinfo, Omar Álvarez no centro da imaxe, participará como relator para explicar como funciona o software de ortorrectificación do seu sistema multicámara embarcado, que mellora a calidade das imaxes e as converte nun plano cartográfico capaz de reproducir fielmente o terreo, independentemente da orografía. Para iso, integra unha ferramenta de ortorrectificación que utiliza os parámetros de situación e orientación da aeronave e os da cámara para proxectar unha imaxe sobre unha representación 3D do terreo ortorrectificada.

O sistema multicámara embarcado de Cinfo permite a adquisición, procesado, grabación e transmisión de vídeo dende aeronaves drons e helicópteros en pleno voo, posibilitando así en todo momento coñecer que está sucedendo durante unha misión de rescate. Os voos grabados pódense visionar ademais, tanto en formato multicámara ou a pantalla completa, con metadatos sobreimpresionados. O software dispón tamén dun motor de busca, que permite aos usuarios atopar calquera información necesaria sobre calquera voo.

A solución de Cinfo está sendo utilizada actualmente na Civil UAVs Iniciative, impulsada pola Xunta para a utilización de sistemas aéreos non tripulados (UAVs) no ámbito civil e na mellora da prestación de servizos públicos, e cuxo obxectivo é converter a Galicia nun polo aeronáutico de referencia en Europa.

Durante os do
us días que dura o GREX19, Cinfo ocupará un espazo permanente no stand J9, dende o que dará a coñecer tamén as súas innovacións tecnolóxicas de IoT e Big Data para a industria en materia de seguridade, a través de sistemas intelixentes de videovixilancia (mapas de calor e conteo de persoas, recoñecemento de matrículas…), control de accesos e datos ou análise preditivo, así como de realización automática de vídeo na nube.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)