Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Converter o control horario nun beneficio para a empresa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE MAIO DE 2019 · (0)



A Cámara de Comercio de Santiago organizou o sábado unha xornada en colaboración coa empresa Seguridade A1 para analizar os aspectos legais da normativa en relación á obrigatoriedade do rexistro horario que entrou onte en vigor.


A xornada, que foi presentada pola secretaria xeral da cámara, Rosa Mary Cardeso, contou con Juan Carlos de la Torre, quen aclarou dúbidas legais xeradas entre os empresarios, pemes e autónomos, colectivos máis perxudicados por unha normativa que parece que non previu as particularidades de cada actividade empresarial, e que choca coas novas formas de traballo, co emprego por obxectivos, a distribución irregular de xornada para favorecer a conciliación ou as empresas que traballan en distintos países con fusos horarios diferentes.

A xornada ademáis contou con María Piñeiro do departamento de Recursos Humanos da Empresa Seguridade A1, quen falou desta implementación obrigatoria do rexistro horario como unha vantaxe competitiva. Deste xeito a empresa terá un coñecemento fiable de canto tempo traballa cada empregado, así como un maior manexo do tempo de traballo efectivo. O control horario axudará a saber quen é máis produtivo e quen non. Como apuntou María Piñeiro, o cambio da cultura empresarial lévanos a pensar que o traballador excelente é aquel que está en constante cambio. Con este cambio cultural prémiase o traballo efectivo, e apóstase pola conciliación da vida laboral e familiar.

Todas as empresas dende onte deben dispoñer dun sistema de control para rexistrar a xornada laboral efectiva dos seus empregados, no que se reflicta o horario de entrada e saída de cada un deles. A Cámara de Comercio de Santiago con esta xornada intentou a resolver as dúbidas que os empresarios da demarcación puidesen ter sobre este tema.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)