Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Navalia arrinca a comercialización do espazo M-Fishing



REDACCIÓN · PUBLICADO O 14 DE MAIO DE 2019 · (0)



Ubicado na ampliación do Ifevi está destinado a empresas de maquinaria para pesqueiros, vella demanda do sector que verá a luz en 2020. Ante a importancia da renovación da flota pesqueira en moitos lugares, a dirección da feira viguesa ofrecerá este espazo ás empresas que fabrican máquinas para a procesar o peixe: limpeza, despezamento, corte e fabricación de xeo.


 “Algúns visitantes e expositores suxeríronnos contactar coas empresas que se dedican á fabricación de maquinaria de procesado en alta mar e grazas á ampliación do Ifevi na próxima edición será unha realidade”, apunta Javier Arnau, director do evento que celebrou o ano pasado a súa 7ª edición e xa está a traballar para a de 2020, onde ten garantido o 80% de ocupación a estas alturas.

O sector da pesca volve estar en auxe. Frotas como as de Namibia, Groenlandia, Arxentina ou Chile depositaron a súa confianza nos estaleiros galegos para renovar os seus buques. M- FISHING será un lugar diferenciado e sinalizado para facilitar a visita de armadores pesqueiros. A feira, que se celebrará do 19 ao 21 de maio de 2020 en Vigo, arrincou o seu calendario de promoción internacional xa en setembro dando a coñecer nova imaxe.

A pasada semana a organización participaba en Expomar (Burela) onde o sector deixaba patente a necesidade acometer unha importante renovación da frota de baixura, tendo en conta, ademais, que a pesca española é dos poucos sectores socioeconómicos líder na Unión Europea, con 8.972 barcos que capturan unhas 940.000 toneladas de peixes e mariscos. Arnau estivo reunido con representantes de Porto Grande e o Estaleiro Cabnave, así como co presidente da Câmara de Comércio  do Norte de Cabo Verde. Arnau logrou materializar o compromiso para contar de novo cunha delegación do país africano no 2020. “É estratéxico tendo en conta á súa posición xeográfica para a descarga de peixe dos barcos procedentes tanto do Atlántico como do Pacífico”, explica o director de Navalia, que ademais apunta que “na próxima edición esperamos que se somen á listaxe de expositores”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)