Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Feira de FP Dual da Coruña, unha boa oportunidade



REDACCIÓN · PUBLICADO O 15 DE MAIO DE 2019 · (0)



O director de Recursos Humanos de Hijos de Rivera, Paul Tran; e a Subdirectora de Persoas da Refinería Repsol, Dácil Suárez Bolaños, estarán o 29 de maio na cita que organiza a Cámara coruñesa na sede de Afundación. Boa parte das empresas da provincia que o próximo curso ofrecerán FP Dual contarán con casetas informativas.


É o caso de Cofrico, Mantiñán, Grupo Caamaño ou Indra. En paralelo haberá seminarios nos que empresas, alumnos e titores de centros educativos exporán visións e experiencias e un espazo de información dirixid aos responsables de Recursos Humanos, no que se explicarán requisitos, obrigacións e beneficios deste sistema educativo. En Galicia, o 90% dos alumnos de FP Dual consegue emprego nas empresas nas que realizan as prácticas.

A combinación de formación teórico-práctica en centros educativos con prácticas en empresas converteuse nunha das principais alternativas á formación universitaria, dando como resultado altas taxas de inserción laboral. De aí que a Cámara da Coruña considere esta modalidade "crave para a mellora da formación,  cualificación e desenvolvemento" xa que as empresas presentan a oferta formativa para maiores de 18 anos moi acaída ao que precisan.

A entrada á feira é gratuíta previa inscrición en formacion@camaracoruna.com ou nos tfnos: 981 216 072  ó 981 981 135.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)