Publicidade

galicia calidade turismo


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Catro máis



REDACCIÓN · PUBLICADO O 16 DE MAIO DE 2019 · (0)



Nunha xuntanza na Fábrica de Sal de Muros, o consello da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos, REMA, decidiu onte incorporar catro novos membros á rede: o Museo Anfaco da Industria Conserveira, o Museo de Historia Natural de Ferrol, o Museo Mares de Cedeira e a Torre de Hércules.


Con estas novas incorporacións REMA conta con quince espazos en Galicia e un centro portugués: o Museu Marítimo de Ílhavo. En todo caso os responsables do órgano reitor abriron un novo prazo para a recepción de solicitudes de novos museos na rede, espazos que teñan vinculación co mar poderán enviar a súa solicitude de adhesión antes do 30 de xuño.

Ademais das novas adhesións, durante a reunión o consello aprobou a posta en marcha dunha exposición itinerante para amosar os principais recursos dos museos e achegalos ao público. E realizouse a presentación do espazo web da rede: https://www.redrema.eu/

A rede REMA forma parte de Morada Atlántica, un proxecto de cooperación interterritorial e transnacional cuxa primeira fase foi promovida polos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro Costa da Morte e Costa Sostible. A segunda fase achegouse ao resto de Galicia ao contar co apoio dos GALP restantes, axudando así a fortalecer os lazos de unión entre estes espazos divulgativos e potenciar o intercambio de coñecemento entre os mesmos. O proxecto Morada Atlántica foi aprobado pola Consellería do Mar e está financiado a través do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)