Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Constituído en Oviedo o Eixo Atlántico de Directivas e Empresarias



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XUñO DE 2019 · (0)



Executivas de Galicia representa á comunidade galega nesta nova rede, na que se xuntan tamén asociacións de mulleres de Asturias, Cantabria, País Vasco, Navarra, Castela e León e Norte de Portugal.


A plataforma Eixo Atlántico de Mulleres Empresarias e Directivas, coa que se quere reunir o coñecemento, emprendemento e talento das mulleres desta ampla zona da Península Ibérica, e poñelo a disposición da sociedade, quedou constituída nunha xornada que se celebrou esta fin de semana en Oviedo, na se reuniron representantes da Federación de Empresarias e Directivas de Asturias, da Asociación de Mulleres Empresarias de Cantabria, da Asociación de Mulleres Empresarias e Profesionais Liberais Muller Século XXI do País Vasco, da Asociación de Mulleres Empresarias e Directivas de Navarra, e da Asociación de Mulleres Empresarias e Directivas Leonesas, para crear as bases das futuras colaboracións.

O obxectivo principal é facer un fronte único para presentar de forma óptima os retos da muller empresaria, directiva e autónoma, levando solucións ás institucións económicas e políticas dos distintos territorios do Eixo Atlántico a través das actividades que se desenvolvan nos próximos anos e contribuír a xerar riqueza económica.

Ademais de Carla Reyes Uschinsky, presidenta de Executivas, en representación da entidade tamén participaron como integrantes da xunta directiva da asociación Mónica Peláez, de Audicon; Mónica Álvarez, de Álvarez Real; Sara Campos, de Gradiant, e Anabel Martínez Díaz, de Idae .

As entidades reunidas acordaron convocar o primeiro congreso anual desta plataforma, así como a estratexia inicial de traballo conxunto, ademais de aprobar varias liñas de traballo como inculcar dende a infancia que as mulleres poden desenvolver as súas carreiras profesionais en todos os sectores, incluídos os ámbitos da ciencia e a tecnoloxía. No encontro tamén participou o subdirector xeral do grupo Banco Sabadell, Pablo Junceda, entidade que apoia esta nova iniciativa das mulleres empresarias e directivas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)