Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 42,4% dos mozos españois ten estudos superiores



REDACCIÓN · PUBLICADO O 03 DE XUñO DE 2019 · (0)



Á educación terciaria correspóndelle un importante papel na sociedade e na economía. Un elevado nivel educativo permite fomentar a innovación e aumentar o desenvolvemento e o crecemento económico.


Por esta razón a Unión Europea decidiuse fixar uns obxectivos educativos para acadalos en 2020. Un deles consistía en lograr que ao menos un 40% da poboación de entre 30 e 34 anos tivese unha formación equivalente á educación terciaria. Segundo os datos que vén de publicar Eurostat para 2018, a UE-28 xa conseguiu superar o obxectivo do 40% ao acadar unha media do 40,7% o ano pasado.

Os dous países máis avanzados –ambos por riba do 57%– son Lituania e Chipre, seguidos a escasa distancia por Irlanda e Luxemburgo. Suecia rexistra un 52%, ao tempo que os Países Baixos, Dinamarca e o Reino Unido se sitúan arredor do 49%. Francia acada un 46,2%, Grecia un 44,3% e Finlandia un 44,2%. En España a poboación nova con educación terciaria segue aumentando ano tras ano. En 2018 chegamos a un 42,4% e todo parece indicar que o noso país poderá acadar o 44% en 2020, que é o obxectivo fixado para España pola UE.

Por debaixo do promedio están, entre outros, Alemaña, Portugal e Italia. Xunto a eles figuran seis países de recente adhesión, pechando a clasificación Romanía cun 24,6%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)