Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Ucgal alerta de que máis do 90% dos inmobles en venda ou aluguer incumpren as normas de eficiencia enerxética



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XUñO DE 2019 · (0)



Segundo lembra a Unión de Consumidores de Galicia, que vén de elaborar o estudo “Certificación de Eficiencia Enerxética”, dende 2013 toda vivenda destinada á venda ou aluguer debe posuír este certificado.


Tras analizar 340 vivendas de diferentes inmobiliarias, os resultados arroxan un dato preocupante: o nivel de aplicación da lei non se cumpre no 93% das edificacións estudadas, ben sexa porque exhibían a letra do Certificado de Eficiencia Enerxética sen ningunha outra información, ben porque aínda se estaba a tramitar. Isto significa que só un 7% da mostra cumpre coa normativa,unha porcentaxe baixa que reflicte tanto a desidia informativa das inmobiliarias como o descoñecemento xeneralizado das persoas consumidoras sobre este tema.

Este estudo, que se enmarca na liña de traballo que Ucgal desenvolve sobre a seguridade das construcións, púxose en marcha coa finalidade de comprobar se a información sobre o gasto enerxético dos inmobles se lle está a facilitar correctamente aos potenciais compradores e/ou arrendatarios. Neste sentido, o grao de cumprimento nos casos nos que a vivenda se publicitaba a través de Internet situouse nun 6% para os inmobles en venda e nun 1% naqueles destinados ao aluguer. En relación aos casos que infrinxen a normativa, cabe destacar que máis dun 57,5% das vivendas, tanto á venda como para arrendamento, indicaban que a obtención do certificado estaba en fase de tramitación do certificado.

No tocante aos inmobles que se promocionaban nos escaparates das inmobiliarias un 18% das vivendas en aluguer e un 9% das que están á venda teñen o Certificado de Eficiencia Enerxética. En fase de tramitación están o 5% das de arrendamento e o 20% das de venda.

Normativa

A finalidade deste certificado é cualificar enerxeticamente un inmoble despois de calcular o consumo anual de enerxía necesario para a súa habitabilidade (calefacción, auga quente e nalgúns casos iluminación). A escala de valoración é de sete letras,de A, maior eficiencia enerxética, ata G, o baremo máis baixo.

Esta certificación é obrigatoria en catro supostos: edificios de nova construción, vivendas que se aluguen a un novo arrendatario, inmobles nos que unha autoridade pública ocupe unha superficie útil superior aos 250 metros cadrados, sendo de uso público, e toda actividade publicitaria, de oferta ou promoción dirixida tanto á venda como ao aluguer. A súa validez é de dez anos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)