Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

60 millóns de euros ao ano



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XUñO DE 2019 · (0)



É o que move o turismo de reunións, congresos e convencións, o MICE (Meetings, Incentives, Conventions & Exhibitions) en Galicia. Son xerados con máis de mil eventos de diferentes tamaños para os que se estima que o gasto medio dun participante en congresos é un 30% superior ao dun turista convencional, cunha media de 250 euros ao día.


“As feiras son unha gran industria global e representan unha forma eficaz e sustentable de facer negocios. Son eventos esenciais como ferramenta de márketing para sectores estratéxicos de cada cidade ou rexión, como no noso caso ocorre co sector naval. Ademais é unha gran xeradora de oportunidades laborais, algo que incrementa o seu impacto económico e social” apunta Javier Arnau, director do Grupo galego Muéstralo, que organiza citas como Navalia.

Hoxe celébrase o Día Internacional das Feiras (Global Exhibitions Day) nO que participan máis de 85 países. O obxectivo:  fomentar o coñecemento da relevancia da actividade feiral, dos seus efectos e a súa repercusión social e económica.

O turismo de negocios xera en España uns 20.000 millóns de euros cada ano e ten un crecemento de entre o 2 e o 3 % anual, segundo datos da Asociación Ibérica de Viaxes de Negocio. Desa cifra, un 70% corresponde a desprazamentos de empresas para visitar clientes ou asinar contratos, mentres que un 30% depende do turismo de congresos, eventos ou incentivos. O mercado feiral español vén rexistrando un crecemento sostido nos seus principais parámetros nos últimos anos. No noso país hai 45 recintos feirais (de máis de 5000 metro cadrados cubertos de exposición) que acollen 600 feiras anuais cun impacto económico de 5.000 millóns de euros.

O Grupo Muéstralo, unha das empresas de organización feiral máis representativas de Galicia e responsable de salóns como Navalia, súmase loxicamente a esta celebración. Navalia é un claro exemplo: malia ser unha feira  bienal, ten un impacto na cidade de Vigo que rolda os 10 millóns de euros anuais. “Como empresa galega de organización podemos presumir de ter organizados en quince anos máis dunha vintena de feiras en Galicia, protagonizadas por diferentes sectores produtivos e de servizos” explica Javier Arnau. “O sector MICE é un segmento turístico moi importante, rendible e motor do desenvolvemento económico nos destinos turísticos. Está máis que demostrado que un sector de negocios e eventos máis sólido incrementará a actividade e xerará millóns en ingresos”.  Madrid e Barcelona aglutinan o maior número de feiras no noso país, pero no conxunto España está "moi ben posicionada" ocupando o posto número 15 no mundo e o quinto de clasificación europea.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)