Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Un verán musical máis sostible



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XUñO DE 2019 · (0)



#daralata é o nome do proxecto no que este verán colaborarán o programa europeo de sensibilización medioambiental Cada Lata Conta e Estrella Galicia, que implantarán nos cinco principais festivais de música que se celebran por toda a comunidade autónoma.


Trátase dunha colaboración na que Cada Lata Conta, cuxo obxectivo é que se reciclen as latas de bebidas cando nos atopamos fóra do fogar, e a cerveceira galega queren concienciar sobre a importancia de dar unha nova vida a este tipo de envases, reciclando o máximo número de latas que se xeran na contorna dos festivais de música, contribuíndo así a mellorar a sostibilidade nestes encontros musicais que se celebran en Galicia.

Para iso, #daralata buscará maximizar a reciclaxe de todos os residuos xerados neste formato, ao tempo que quere concienciar aos asistentes sobre a importancia de depositar as latas no colector amarelo, xa que estes envases son ideais nunha contorna de economía circular ao poderse reciclar de modo indefinido, sen perda de calidade e cun grande aforro de enerxía.

O primeiro festival no que se desenvolverá esta iniciativa é O Son do Camiño, auténtico referente do panorama musical galego ao que acuden unhas 90.000 persoas en tres días. O encontro celebrarase do xoves ao sábado da próxima semana no Monte do Gozo, en Santiago, onde #daralata disporá os contedores de Cada Lata Cuenta en diversos puntos co fin de que a xente poida reciclar de maneira doada os seus envases. Ademais, voluntarios portarán as mochilas recolectoras do programa para facilitar o labor á xente achegándose a eles e compartindo tamén a mensaxe da importancia do reciclado cando nos atopamos en grandes festivais como este.

Próximas citas

As seguintes paradas de #daralata son o Resurrection Fest Estrella Galicia, ubicado en Viveiro, e o festival Portamérica, en Caldas de Reis. Ambos celebraranse do 3 ao 6 de xullo e tamén repetirán a mesma fórmula que O Son do Camiño: instalación de conlectores amarelos e voluntarios con mochilas recolectoras. O penúltimo festival celebrarase do 11 ao 14 de xullo en Ortigueira, o famoso Festival Celta no que tamén se instalarán estes contedores e haberá voluntarios de Cada Lata Conta.

Como peche de #daralata, o último festival será o Noroeste Estrella Galicia, que se celebrará do 6 ao 11 de agosto na Coruña. Nesta cita musical levarase a cabo a construción dunha Pixelata, un mural realizado a partir de latas de bebidas recicladas (neste caso coas latas recollidas durante a celebración dos cinco festivais), cuxas bases se pintan e todas xuntas forman unha imaxe. Pixelata é unha acción que simboliza a importancia de reciclar cada envase porque facéndoo conseguimos grandes metas, neste caso dando lugar a unha obra de arte urbano que se pode levar a cabo grazas á colaboración de moitas persoas. O mural instalarase nun lugar céntrico da cidade para que todo o mundo poida coñecelo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)