Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Galicia únese a “1m2 pola natureza” para loitar contra a “basuraleza”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE XUñO DE 2019 · (0)



A terceira edición da gran campaña de recollida de residuos terá lugar o sábado da semana que vén en diferentes puntos do territorio nacional. Polo de agora, en Galicia creáronse nove puntos de limpeza.


A “basuraleza” converteuse nun grave problema que afecta a toda a sociedade. Frear o seu impacto é o labor que Libera, o proxecto de SEO/BirdLife en alianza con Ecoembes, realiza con ‘1m2 pola natureza’, a gran cita anual de recollida colaborativa de residuos abandonados na natureza a nivel nacional. E este ano, Galicia súmase á iniciativa para liberar de residuos as súas contornas naturas.

Conscentes deste grave problema, a Xunta quixo sumar esforzos para rematar coa “basuraleza”. Así, o sábado da semana que vén participará na campaña de limpeza de residuos abandonados con diferentes puntos de recollida repartidos pola comunidade autónoma. En concreto, creáronse xa en Galicia nove puntos. As entidades colaboradoras presentaron onte a campaña ante os medios nunha rolda de prensa na que interviron María Cruz Ferreira Costa, directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Xunta, e Fernando Blázquez, portavoz de Libera.

“Dende a Xunta de Galicia, nos gustaría agradecer a todos os voluntarios que participaron nas campañas que realizamos e animamos a todos os cidadáns a participar, xa sexa de novo ou por primeira vez, nestas campañas de recollida e caracterización en espazos tan importantes e relevantes da nosa comunidade como praias, costas e zonas fluviais”, sinalou María Cruz Ferreira Costa.

Pola súa banda, Fernando Blázquez comentou que “un problema de tanta envergadura só pode solucionarse se todos colaboramos para frear o seu impacto. Campañas como ‘1m2 pola natureza’ permiten que se visibilice esta ameaza e a necesidade de pasar á acción. Estou seguro de que a comunidade galega se implicará ao máximo, tal e como xa fixo con outras iniciativas ambientais de Libera”.

O compromiso galego

Galicia é unha comunidade concienciada e mobilizada co medio ambiente. Así o demostrou durante os últimos años coa súa participación nas distintas iniciativas que pon en marcha o proxecto Libera. Empezando pola educación, durante 2018 a comunidade galega adheriuse a “Aulas Libera”, un programa educativo que ten como obxectivo de concienciar en valores ambientais ás futuras xeracións que velarán polo coidado e a conservación do planeta. Grazas a iso creáronse 12 “Aulas Libera” en 11 centros educativos da comunidade a través das que os nenos de entre 10 e 16 anos puideron achegarse á conservación da natureza.

Ademais, se sumaron ás iniciativas de limpeza e caracterización de residuos abandonados en distintas contornas naturais a fin de coidar das súas paisaxes tan característicos. Tendo en conta que a maioría do lixo que chega aos océanos provén dos ríos, a comunidade galega decidiu mobilizarse e participar na segunda edición de “1m2 polas praias e os mares”, unha campaña para caracterizar e recoller datos a fin de coñecer o volume, cantidade e tipoloxía tanto dos lixos flotantes como dos depositados nas praias. En total, 387 persoas participaron nun total de 15 batidas de limpeza por toda a rexión.

Así mesmo, cinco colectivos galegos distribuídos en cinco puntos da rexión participaron en “1m2 polo campo, os bosques e o monte” para liberar estes espazos de residuos e posteriormente valorar o volume, a cantidade e a tipoloxía do lixo alí existente. A campaña logrou reunir a 140 persoas. Os datos recollidos en ambas campañas serviron para realizar unha exhaustiva análise dos residuos abandonados nos espazos terrestres e mariños, e así poder levar a cabo campañas e actuacións axeitadas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)