Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España será o sexto país da UE-28 con maior nivel de débeda pública en 2020



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XUñO DE 2019 · (0)



Durante os últimos anos, o nivel de débeda pública bruta –en termos de PIB– foise reducindo gradualmente no conxunto de países da Unión Europea. O promedio situouse nun 81,5% en 2018 e a Comisión Europea prevé que a media baixe ata o 78,8% en 2020.


Ese ano, só oito países, España entre eles, superarán o promedio, mentres aumentarán os estados membros que se situarán por debaixo do 60%, umbral definido no Tratado de Maastricht. En 2020, o país máis endebedado seguirá sendo Grecia cun 168,9% sobre o PIB. A continuación figurarán Italia (135,2%), Portugal (116,2%) e Bélxica (100,7%), mentres que Francia case chegará ao 99%.

España ocupará o sexto lugar entre os países con maior nivel de débeda pública bruta. A Comisión Europea prevé que o noso país se sitúe nun 95,7% en 2020. Chipre é o único estado membro de recente adhesión cun nivel elevado de endedebedamento e tamén superará a media europea, xunto ao Reino Unido, con cifras por debaixo do 90%.

Nos restantes países da UE-28 o endebedamento xa baixa do 70% en Hungría, Croacia, Austria e Eslovenia, ao tempo que os demais estados membros rexistrarán un nivel de débeda pública inferior ao 60%. Finlandia acadará un 55,7%, Irlanda un 55,9% e Alemaña baixará ao 55,9%. Os Países Baixos quedaranse nun 46,7%, mentres que Dinamarca e Suecia apenas superarán o 32%. Pechan a clasificación Bulgaria (18,4%) e Estonia (8,5%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)