Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A taxa de emprego entre os 55 e os 64 anos aumenta nove puntos nun lustro



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XUñO DE 2019 · (0)



A porcentaxe de persoas que traballan en España con esa idade situouse en 2018 no 52,2%, cando en 2013 estaba no 43,2%. Sen embargo, estamos moi afastados do promedio europeo, que está no 58,7%.


Durante os últimos anos, a taxa de emprego das personas de entre 55 e 64 anos seguiu crecendo constantemente nos países da Unión Europea. O incremento da participación do chamado grupo de traballadores maiores no mercado laboral é un obxectivo importante da UE para elevar a taxa de emprego en termos xerais. O promedio da Unión Europea situouse nun 58,7% en 2018, notablemente por riba do 45,8% que se rexistraba en 2009.

Suecia encabeza a clasificación cunha taxa de emprego do 77,9% entre os traballadores de idade avanzada, figurando a continuación Alemaña cun 71,4% e Dinamarca cun 70,7%. Estonia e Letonia superan ambos o 68%, ao tempo que os Países Bajos chegan ao 67,7%. Finlandia, Letonia, o Reino Unido e a República Checa sitúanse por riba do 65%, ao tempo que Chipre, Irlanda e Bulgaria superan o 60%. Portugal logra estar tamén por riba do promedio da UE cun 59,2%.

Nos restantes países –entre os que figura España– as cifras xa baixan da media. Hungría, Eslovaquia e Austria contan con taxas arredor do 54%, e Italia acada un 53,7%. En España, a taxa de emprego das persoas entre 55 e 64 anos aumentou considerablemente nos últimos exercicios, pasando dun 43,2% en 2013 a un 52,2% en 2018. A pesar do avance nese tempo, aínda queda bastante por facer para acadar o promedio da UE. Por detrás de nós figuran, entre outros, Francia, Bélxica, Grecia e Luxemburgo, xunto a unha serie de países de recente adhesión.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)