Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

DiMilano, nova empresa gacela de Ardán



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XUñO DE 2019 · (0)



Esta mañá o delegado, David Regades, visitou a compañía fundada por Jesús Rodríguez Saavedra para felicitala persoalmente. Cun 100% de capital vigués, a firma renovouse tras a crise e agora fai reformas integrais e construción de pisos, oficinas, negocios e industrias.


Como lle explicaron durante a visita ao delegado e ao director de Obras de Zona Franca, José Ramón Torres, DiMilano, partindo dunha empresa dedicada tan só á carpintería de madeira en 2012 tivo que refundarse con novo nome e ampliar servizos para ser capaces de prover solucións creativas en arquitectura, construción e servizos inmobiliarios

Dado o seu rápido crecemento -hoxe dá traballo a máis de sesenta persoas- DiMilano conseguiu o ano pasado o cualificador ARDÁN de “Empresa  Gacela”, como é sabio aquelas que presentan unha taxa de crecemento continuado durante máis de tres anos por encima do 25% na súa cifra de negocio.

 Con sede nunhas chamativas instalación de deseño retro-industrial nun enclave privilexiado de Vigo, entre a praza de Compostela, o Paso de Montero Ríos e o Náutico, recuperaron a esencia do traballo do afamado arquitecto vigués Xosé Bar Boo, "un referente para nós", din dende a firma.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)