Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Éxito na estrea de EduReferentes



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XUñO DE 2019 · (0)



Este programa-piloto posto en marcha por Executivas de Galicia e a Consellería de Educación reuniu en diferentes centros de secundaria a máis de 250 alumnos e alumnas para que coñecesen e falasen con grandes profesionais galegas


O programa tamén deu a oportunidade aos participantes de traballar diferentes habilidades sociais e de comunicación. É unha parte do proxecto Referentes Galegas -un gran directorio das mulleres que, pola súa traxectoria e valía, poden ser modelos a seguir- que organiza encontros entre elas e estudantes de ESO, FP e 1º Bacharelato de toda Galicia.

A última xornada celebrada en Lugo contou coa presenza de Ana  J. Varela González, directora financeira da OCDE, e Leticia Prada, directora da Escola de Emprendedores que foron ata o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes. Na primeira das xornadas, no IES Antonio Fraguas de Santiago, participaron Laura Alonso Padín, soprano e directora de  PromÓpera, e Sonia Pazos Álvarez, responsable de desenvolvemento de negocio e relacións estratéxicas para España de INL (Internacional  Iberian  Nanotechnology  Laboratory). Nunha segunda xornada no mesmo centro foron Elba Pedrosa, directora de  Nobox, e María Edita de Lorenzo,  profesora titular do Departamento de Teoría de Sinal e  Comunicacións da Universidade de Vigo.

No IES Aquis Celenis de Caldas de Reis participaron Carmen Pérez Fernández, profesora, compositora, cantante, produtora e representante artística, e Raquel Sánchez Santos,  xefa de Servizo de  Ciruxía  Xeral e Dixestiva  do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Andrea González Pérez, directora técnica en Orquestra Vigo 430 e Concepción Vilaboa Martínez, socia directora de Aurem, visitaron aos alumnos e alumnas do IES Luís Seoane de Pontevedra e finalmente, participaron nas actividades celebradas no IES Eusebio da Garda da Coruña Cristina Goás Casal, directora pedagóxica en Presto  Vivace, e Lucía Cidón Fernández, directora de Finca Montesqueiro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)