Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os bancos dixitais gustan aos españois



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE XUñO DE 2019 · (0)



ING Direct (81), OpenBank (78,8), Bnext (78,8), N26 (78,2), ImaginBank (78), BBVA (77,6), Santander (75,4), Abanca (74,9),  Ruralvía (74,9) e CaixaBank (73,5) forman o Top 10. Os de mellor valoración tanto en clientes como en non clientes, segundo o último informe CENTRIx®, elaborado por Smartme Analytics.


O informe valora tres factores principais. Primeiro é a consideración de cada entidade polos usuarios, sexa ou non cliente. Segundo o rendemento nas diferentes canles: sucursal, teléfono, Web, App… que realmente utilizan segundo a acción realizada. Terceiro, establece os elementos que teñen en conta usuarios á hora de elixir unha entidade e a súa valoración respecto da competencia.

A App é xa a primeira canle para buscar información e realizar operacións e, cada vez máis, para contratar produtos no sector bancario aínda que manténdose a oficina como a primeira canle para contratar. Ademais a tendencia do mercado é claramente dixital e as canles tradicionais como a sucursal ou o teléfono van perdendo importancia en favor da web e, fundamentalmente, das aplicacións.

As conclusións confirman o bo posicionamento dos neobancos. Pero tamén sinalan que a banca é o sector menos valorado polos españois se se comparan cos índices dedicados teleco, Restauración, Moda, Retail e Supermercados. Tamén destaca o feito de que esta apreciación sobe nun 4,3% a valoración xeral das entidades entre os menores de 25 anos. Finalmente, entidades como Bnext e N26 están mellor valoradas entre os seus clientes mentres que bancos tradicionais como BBVA, Santander e Sabadell soben a súa valoración entre os non clientes. Parece que nos neobancos a valoración asóciase máis á experiencia de uso por parte dos clientes e na banca tradicional á imaxe de marca nos non clientes.

Como se fan

Os índices CENTRIx® elabóranse utilizando a Tecnoloxía Observacional de Smartrme  Analytics que permite monitorar en tempo real 24/7 aos usuarios de Smartphones para entender a súa relación cos sectores e as marcas a través das súas pegadas dixitais. Esta información dos usos realizados, complétase con metodoloxía  declarativa, procésase con técnicas de Big Data e, finalmente, analízanse para extraer conclusións valiosas que acheguen valor á toma de decisións empresariais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)