Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A UDC participa no Proxecto Stratosflay, un avión que percorrerá estratosfera



REDACCIÓN · PUBLICADO O 27 DE XUñO DE 2019 · (0)



Santiago Hernández Ibáñez, Catedrático da Universidade coruñesa, explicou esta mañá na terceira edición do Congreso Internacional Aeronáutico e Espacial celebrado na Cidade da Cultura que “será capaz de unir Londres e  Sindey en tres horas".Neste proxecto europeo, a UDC colabora no deseño conceptual e optimización estrutural.


Larry Lei,  Manager at Boeing Research & Technology, destacou a importancia que Galicia está a adquirir no mundo Aeronáutico a través de iniciativas como o Galicia SkyWays Program. “Será un programa de proba e validación de continxencias de voos que creará un novo sistema de mobilidade integrada de voos tripulado e non tripulados, tanto para  Boeing, como institucións públicas e a industria do sector”.

O Consorcio Aeronáutico Gallego celebrou hoxe, xoves 27 de xuño, a terceira edición deste Congreso, onde destacou a representación mexicana. “Hai seis agrupacións industriais aeronáuticas en México, e o de Querétaro é o único que está situado no centro do país”, dixo Antonio Velázquez, Director do  Aeroclúster de Querétaro, asistente á xornada. “Contamos con máis de 65 mil persoas empregadas no sector e máis de 330 unidades produtivas relacionadas coa industria aeronáutica”. Explicou as cifras de exportación, importación e crecemento en Querétaro e comentou os retos que presenta esta actividade en México, como a necesidade de mellora da formación especializada  destacando as grandes oportunidades que ofrece esta rexión, xa que nun radio de 10 km unen todos os factores necesarios: universidade aeronáutica, centro de desenvolvemento aeronáutico, parques industriais, aeroporto intercontinental e, "sobre todo, consistencia e persistencia, tan necesaria nunha industria como esta que non produce beneficios inmediatos".

Patricia Argerey, Directora da Axencia  Galega de Innovación destacou a importancia da  Civi UAV's inciative no desenvolvemento da industria aeronáutica non tripulada galega. “2019 será o ano no que os cidadáns perciban o impacto do programa no seu día a día, mellorando o catálogo de prestación de servizos da Xunta". E lembrou que o novo proxecto conxunto coa multinacional  Boeing investigará sobre a perda de sinal e de control por interferencias doutros obxectos, e perdas de enerxía. Barcala Montejano, Director de Vehículos Aéreos, Defensa e Seguridade de  INDRA, expuxo o Proxecto Targus, deseñado no polígono de Rozas, que tras 3 anos de traballo empezará a facer as probas de voo con tripulante a finais deste ano, aínda que será unha nave non  tripulada. A próxima meta “é crear o Centro de Misión de Proceso de Datos que permitirá obtelos en tempo real tanto de naves non tripuladas como de circunstancias meteorolóxicas para optimizar a súa xestión, coordinación, e eficiencia”.

“É necesario mellorar a situación e desenvolver sistemas de coordinación e comunicación, que permitan mellorar a xestión e reducir custos”, dixo Luiz  Saiz Díaz, Director de I+D+i de  Babcock  Mission  Critical  Services España . Os principais límites actuais son a duración máxima legal dos voos, e a autonomía da naves e embarcacións non tripuladas. Sergio Camps López, Director da cadea de Subministracións de  Aciturri dixo que "temos que estar todos os días pensando como facer máis as cousas mellor. É necesaria a profesionalización da cadea de subministración, unida ao coñecemento, a innovación e mellora, cunha forte  internalización”.

O caso mexicano

Despois, Federico Pérez, Secretario de Vinculación da Universidade Aeronáutica de  Querétaro (UNAQ) expuxo unha imaxe xeral do sector en México. “Existen máis de 330 empresas no sector aeronáutico mexicano, que creceu un 400% desde 2005. E a xeración de emprego aumentou entre 2006 e 2014”. Destacou que para que o sector siga crecendo “émoi importante que funcione a tripla hélice entre goberno, empresas e universidade, e que todos eles colaboren para formar persoal cualificado, necesario para seguir crecendo”. Por iso nos últimos anos traballamos estreitamente coas empresas que se asintan na rexión, entender como funcionan, deseñar a formación acorde ás súas necesidades e adquirir, cando sexa necesario, a infraestrutura para poder instruír nelas e lograr manter estes obxectivos de crecemento”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)