Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha fin de semana para a creatividade e a innovación



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE XULLO DE 2019 · (0)



Os máis de 40 participantes no Compostela Innovation Lab tiveron a oportunidade de desenvolver a súa creatividade aplicando técnicas innovadoras para deseñar solucións e produtos a retos reais.


Un cerebro acompañado polla frase “Axitar antes de usar!” foi o lema do foro de innovación que a Cámara de Comercio de Santiago e Kelea desenvolveron dende o venres ata o domingo en Compostela, no que máis de 40 persoas aplicaron técnicas de design thinking para presentar solucións creativas a problemas reais de empresas santiaguesas.

Empresas como Tórculo, Airas Catering, Finsa, Mercado de Abastos e Galuresa presentaron diferentes retos de negocio, como por exemplo mellorar a experiencia do cliente ou como achegar os produtos locais aos consumidores. Para tal fin, a Cámara de Comercio de Santiago deseñou unha actividade baseada en técnicas de design thinking.

Outro dos obxectivos do foro foi permitir que todos os participantes coñecesen métodos innovadores para a resolución creativa de problemas, permitindo ao ecosistema de empresas da cámara compostelá coñecer de primeira man e vivir dende dentro unha das metodoloxías de innovación que actualmente se está empregando a nivel internacional co ánimo de axudar ao tecido empresarial santiagués para ir creando unha cultura innovadora.

Desing thinking

Durante estes tresdías, os participantes tiveron ocasión de vivir intensamente as diferentes etapas de design thinking, como por exemplo:

- Comprender o reto e empatizar cos usuarios: onde os participantes saíron á rúa para falar cos consumidores finais e entender as súas necesidades e percepcións de primeira mano para, deste modo, poder identificar ben os problemas que hai que resolver.

- Xerar ideas: aplicando diferentes técnicas de creatividade, os participantes tiveron oportunidade de xerar moitas ideas que puidesen dar resposta aos problemas identificados.

- Construír un prototipo da solución para achergarse de novo aos consumidores finais e observar se as cuerstións propostas daban resposta aos problemas reais.

- Por último, xeraron potenciais modelos de negocio e o material de comunicación para validar as solucións, xerando atención e avalando o produto ou servizo.

Satisfacción

“Aínda que non sabiamos que iamos obter de todos estes días, gocei moito aprendendo novas técnicas, darme conta da importancia de escoitar a outras persoas alleas ao meu ámbito profesional, e coa seguridade de que este modelo de traballo o temos que aplicar na miña compañía”, indicou Juan, un dos participantes e responsable dun dos retos.

“Unha gran lección que me levei foi entender que é importante fallar barato na nosa forma de deseñar novos produtos. Para mn foi sacarme un peso de enriba, que ao pensar en novas solucións para os nosos clientes non é malo fallar, pero é bo facelo ao menor custo posible”, afirmou otra participante no encontro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)