Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Foro Enerxético de Galicia insiste na mellora da calidade da subministración eléctrica nas zonas rurais



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE XULLO DE 2019 · (0)



Afirma que “malia que nas últimas décadas realizouse un importante esforzo por parte das administracións públicas e empresas distribuidoras, a orografía e a dispersión poboacional esixen nalgúns casos investimentos elevados que poden chegar a ser disuasorios, tanto para fixar poboación como para o emprendemento”.


O entorno rural, en todo caso, ofrece interesantes posibilidades na transición enerxética como as instalacións de autoconsumo, o almacenamento de enerxía fotovoltaica e minieólica ou as redes distribuídas de enerxía.

Aínda existen puntos en Galicia nos que o novo usuario debe asumir custes de miles de € para unha nova acometida. De aí que na Na sesión do Foro celebrada o pasado venres 28 de xuño, analizasen as características da subministración eléctrica no rural para impulsar a actividade económica neses espazos, mellorar as condicións de vida e fixar poboación nunha contorna con especial significado que ten para Galicia. Ademais nas zonas rurais a calidade é habitualmente inferior á das cidades en canto a caídas de tensión, potencia dispoñible ou harmónicos.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)