Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Larsa estrea a remodelada factoría de Outeiro de Rey



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE XULLO DE 2019 · (0)



Alberto Núñez Feijóo estivo esta mañá nas novas instalacións da leiteira, nas que se investiron máis de 17 millóns de euros, acompañado polo director xeral de Capsa  Food, José Armando Tellado. A marca nada en Chantada en 1933 foi a primeira en obter a certificación “Leite de Pastoreo” 100% galega.


Nos últimos tres anos leva investidos máis de 25 millóns de euros nas fábricas de Lugo e Vilagarcía de Arousa, dos que 17 se corresponden coa remodelación inagurada esta mañá. Entre ambas as factorías suman 250 empregados.

O seu leite é recollido en máis de 400 ganderías, reivindicando o valor da gandería tradicional e a súa sustentabilidade e afirma que dálles aos seus gandeiros “unha retribución un 5% superior ao prezo medio”. En 2019  foi de novo a marca máis elixida na cesta da compra dos fogares galegos, segundo o estudo Brand Footprint 2019 de Kantar World Panel sobre marcas de gran consumo máis elixidas en España, sendo ademais o maior caso de éxito entre as marcas rexionais. Os galegos tamén levantaron ao iogur de  vainilla de Larsa como o máis vendido de Galicia, e converteuse nunha marca innovadora do mercado cos seus sabores a licor café e queimada. Sen esquecer o seu queixo de barra, que acompañou aos galegos de diferentes xeracións, tamén o máis vendido aquí

Entre as novidades que sairán ao mercado está unha maior gama de loncheados con Leite de Pastoreo, os queixos clásicos de Galicia nunha versión renovada en taco listos para cortar; ou a barra clásica  reinventada como barra semicurada. Outro dos retos de  Larsa é volver ser unha marca relevante (como xa o foi nos anos 70 e 80) no mercado de Madrid a con orixe Galicia e o Leite de Pastoreo por bandeira.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)