Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Naturgy inviste 43 millóns no parque eólico Serra de Punago-Vacariza



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XULLO DE 2019 · (0)



Os 12 aeroxeradores do parque, que suman 39,6 MW, están ubicados nos municipios lucenses de Castroverde, Baleira e Baralla, e producirán o consumo eléctrico duns 50.000 fogares. Este proxecto súmase á construción dos parques eólicos de Monciro e Pastoriza-Rodeiro.


A compañía enerxética vén de rematar a montaxe mecánica destes 12 aeroxeradores e prosegue coa fase de montaxe eléctrica no seu interior, despois de rematar os traballos de obra civil e izado. Unha vez rematada esta fase está prevista a restauración e revexetación con especies autóctonas, cumprindo as indicacións establecidas polos organismos ambientais pertinentes.

Co desenvolvemento deste proxecto, que se une á construción dos parques eólicos de Monciro, nos municipios de Castroverde e Pol; Pastoriza-Rodeiro, na Pastoriza; Peña Forcada-Catasol II, en Laxe; Monte Tourado-Eixe, en Vimianzo, e Mouriños en Cabana de Bergantiños e Zas, todos asociados á última subasta de nova potencia renovable celebrada polo Goberno en maio de 2017, Naturgy confirma a súa aposta por Galicia e dá un paso máis no seu Plan Estratéxico 2018-2022.

O proxecto eólico de Serra de Punago-Vacariza suma 12 aeroxeradores de 3.3 MW de potencia unitaria, cunha altura de buxe de 84 metros e un diámetro de rotor de 132 metros. Os aeroxeradores terán unha potencia total de 39.6 MW e unha produción anual estimada de 112,4GWh, o que equivale ao consumo eléctrico de 50.000 fogares. Ademais, se evitará a emisión dunhas 89.000 toneladas de CO2 anualmente á atmósfera e doutros gases contaminantes de efecto invernadoiro.

280 Postos de traballo

“O parque eólico de Serra de Punago-Vacariza instálase en zona rural da provincia de Lugo, dando un novo uso ao territorio, perfectamente compatible coa agricultura ou a gandeiría e contribuíndo á creación de postos de traballo. O proxecto renovable permitirá un aproveitamento máis eficiente e racional da enerxía primaria, o que permitirá reducir as emisións de gases contaminantes e preservar a calidade medioambiental”, declarou María Landeira, responsable de desenvolvemento dos proxectos eólicos en Galicia de Naturgy.

A construción do parque de Serra de Punago-Vacariza xerará, nas súas distintas fases, uns 280 postos de traballo. Para a construción, operación e mantemento do parque, os equipos técnicos de Naturgy apóianse en distintas empresas con base e persoal en Galicia.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)