Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Unha fábrica flexible que transformará o modelo de producir e fabricar derivados da madeira



REDACCIÓN · PUBLICADO O 04 DE XULLO DE 2019 · (0)



E ademais faralo de forma eficiente xerando novos produtos de alto valor engadido. Aimen, Minsait,  Inycom, Imatia, LUDU e a Universidade da Coruña colaboran con Finsa no proxecto Smart4Wood. A madereira estima que se se cumpren os obxectivos previstos, mellorará a súa produtividade en máis dun 15%.


Trátase de solucións aos retos aos que se enfronta a madereira galega: transformar o seu modelo de fabricación masiva de produtos á produción de lotes máis curtos pero altamente personalizados en acabados (formas, texturas ou cores) e funcionalidades hidrofóbicas e ignífugas, superficies autolimpiables e función domótica.

Smart4Wood aplicará tecnoloxías que conecten o mundo físico co dixital (realidade aumentada, sistemas  ciberfísicos, Internet das Cousas, automatización avanzada, visión artificial e robótica flexible e colaborativa), que permitan a comunicación e o tratamento dos datos (cloud computing) e que faciliten a xestión intelixente de información (data  analytics). A compañía identificou diferentes casos de aplicación: madeira  aserrada de piñeiro transformada, taboleiros de aglomerado e MDF, chapa de madeira e  rechapado de taboleiros, papel impreso e papel impregnado, módulos de cociña e compoñentes para mobles e chans laminados.

Desenvolveranse unha serie de demostradores que integrarán as novas tecnoloxías desenvoltos en tres campos de traballo que aborda o proxecto: Tecnoloxías de fabricación intelixente,  sensorización e tecnoloxías de conectividade e Xestión da produción por medio de análise de datos. Estes pilotos, que serán validados a escala industrial nas plantas de fabricación do Grupo Finsa, centraranse nos seus procesos máis representativos: control de masa forestal e parque de madeira, alimentación/manipulación  multireferencia en liña,  encajonado, lixado, limpeza, colocación de papel  preimpregnado, marcado de diferentes produtos, control de calidade en liña.

Resultados esperados

O proxecto permitirá a Finsa seguir sendo un dos actores principais dentro do seu sector, aumentar a súa competitividade a medio e longo prazo e ser máis eficiente, grazas á redución de custos operativos. En concreto, a compañía estima que se se cumpren os obxectivos tecnolóxicos previstos, mellorará a súa produtividade en máis dun 15%, incrementará ata un 50% o número de referencias fabricadas no mesmo tempo de produción equivalente; e optimizará a eficiencia global de todos os procesos máis dun 15%. Así mesmo, Finsa espera mellorar a súa resposta #ante as novas dinámicas de consumo: pedidos máis personalizados, con tempos de entrega máis reducidos e coa máxima calidade.

Os socios tecnolóxicos cos que colabora Finsa, entre os que se atopa Aimen Centro Tecnolóxico, poderán extrapolar tecnoloxías desenvoltas noutras áreas de actividade (aeronáutica, metalmecánica, téxtil) a un sector como é o madeireiro, impulsando a outras industrias para avanzar cara a fábrica 4.0.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)