Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O III Festival do Viño da Ribeira Sacra reúne esta fin de semana a 25 adegas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE XULLO DE 2019 · (0)



O Paseo do Malecón de Monforte acolle este acontecemento, no que a cantante e violonchelista monfortina Rosa Cedrón intervirá como madriña, cun discurso sobre os viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra.


Na inauguración da terceira edición deste festival tamén participarán o grupo “Habelas Hainas”, como anticipo do concerto que ofrecerán pola madrugada, así como o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, que efectuará o saúdo institucional. Durante estes tres días da primeira fin de semana de xullo, o viño será o verdadeiro protagonista, pero tampouco faltarán as actuacións musicais, degustacións gastronómicas, actividades infantís, mostra de artesanía ou roteiros turísticos.

O Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte está destinado a públicos de todas as idades co obxectivo de que o visitante poida sentir parte deste territorio do sur da provincia de Lugo e norte da de Ourense. As ViñoRutas que haberá estes días trasladarán ao visitante ao lugar de orixe dos viños, onde nace o froito heroico e descubrirán navegando, entre outras cousas, os encantos dos ríos que bañan as vertixinosas ladeiras do Miño ou do Sil. Unha experiencia única para sentir a vertixe do que moitos chaman “viticultura heroica”.

Chegada a madrugada do venres ao sábado, a Praza de España de Monforte acollerá tres actuacións musicais con propostas que van dende a danza tradicional contemporánea ao rock, pop ou folk. Xa o domingo ao mediodía clausurarase esta terceira edición coa tradicional actuación da Real Banda de Gaitas de Ourense, dirixida polo fundador e director, Xosé Lois Foxo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)