Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 30% das viaxes de negocios organízanas os propios empregados



REDACCIÓN · PUBLICADO O 09 DE XULLO DE 2019 · (0)



Segundo unha recente enquisa que fixo Homelike, startup de reserva de aloxamento para viaxeiros de negocios, os xefes son, iso sí, os que se encargan directamente de xestionar o desprazamento para os traballadores máis novos, de 18 a 24 anos.


“Existen empresas que non contan con departamentos que se encarguen destas xestións. Unha situación que podería resolverse se optasen por integrar sistemas automatizados de reserva dentro das súas propias plataformas o que lles permitirían realizar as xestións de maneira fácil, rápida, económica e, sen involucrar aos empregados”, explica Samuel Toribio,  country manager da compañía en España.

Aínda que cada vez son máis as empresas que trasladan aos seus profesionais a outros destinos por motivos laborais, son poucas as compañías que contan con departamentos encargados de xestionar este tipo de traslados. De feito, a porcentaxe de empregados que organizan eles mesmos as súas viaxes duplica ao das viaxes que organizan os departamentos de recursos humanos. A continuación, a enquisa recolle que outro 19% das viaxes de negocios xestiónanos os asistentes persoais. Neste caso son os traballadores con idades comprendidas entre os 35 e os 44 anos, quen máis dispoñen deste tipo de persoal para organizar viaxes de traballo.

Mentres, un 17.3% dos profesionais que viaxan habitualmente por negocios afirman que os seus traslados son organizados por xestores de viaxes especializadas. Nesta ocasión son os traballadores máis novos, de entre 25 e 34 anos, quen recoñece utilizar este servizo máis. Os departamentos de recursos humanos son curiosamente os que menos se ocupan dos traslados: só o 13%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)