Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O custo laboral por hora traballada na industria acada os 23 euros en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 10 DE XULLO DE 2019 · (0)



Ocupa o posto 13 entre os países da UE-28, cuxa media se situou nos 27 euros en 2018, segundo as estimacións realizadas pola Oficina Federal de Estatística de Alemaña. Non obstante, se observa que a diferenza de custos laborais entre países europeos segue sendo moi grande.

 


Tanto que as cifras varían entre os máis de 40 euros e os menos de seis nalgúns países de recente adhesión. Catro países da Unión Europea destacan polos seus elevados custos laborais na industria manufactureira. Dinamarca ocupa o primeiro lugar con 45,20 euros, figurando a continuación Bélxica (42,60 euros), Suecia (40,70 euros) e Alemaña (40 euros).

Xa por debaixo dos 40 euros están os Países Baixos, que superan os 38 euros, Francia, Austria e Finlandia, que se sitúan na contorna dos 37 euros. En Irlanda os custos laborais por hora traballada na industria manufactureira acadan os 32,10 euros e chegan aos 27,50 euros en Italia.

Gran Bretaña xa se queda levemente por debaixo da media, mentres que España ocupa o posto 13 na clasificación dos 28 países comunitarios, cun custo laboral na industria manufactureira de 23 euros por hora traballada. Por detrás do noso país sitúanse todos os estados membros de recente adhesión, xunto a Grecia e Portugal, onde o custo acada os 15,60 euros e os 11,40 euros, respectivamente. Os menores custos laborais corresponden a Romanía (5,90 euros) e Bulgaria (4,70 euros).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)