Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Estratéxica alianza investigadora no eido TIC



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XULLO DE 2019 · (0)



A Universidade da Coruña, a través do Citic, e o Instituto Tecnolóxico de Galicia asinaron onte un convenio co obxectivo de facer da Coruña o epicentro da I+D+i no ámbito das tecnoloxías da información e as comunicación do noroeste español.


Así o sinalaron o reitor da UDC, Julio Abalde Alonso, e o director xeral do ITG, Carlos Calvo Orosa, tras asinar este acordo, que ten como obxectivo potenciar os resultados de investigación e a transferencia de coñecemento a empresas e institucións da súa contorna, segundo destacou o o director del Citic, o profesor Manuel González Penedo.

Ambas entidades, referentes rexionais nos seus ámbitos de actividade, impulsan desta forma unha alianza investigadora que vén constatar o liderado da área da Coruña en I+D+i no eido das tecnoloxías vinculadas á transformación dixital, a información e as comunicacións. O acordo contempla, entre outras, actuacións para a cooperación en actividades de investigación e desenvolvemento, a identificación de oportunidades internacionais, o intercambio de coñecemento e boas prácticas, e potenciar unha maior transferencia tecnolóxica e de resultados á industria e á sociedade en xeral.

Así, o obxectivo desta alianza é impulsar a competitividade de empresas e organizacións de Galicia, que se constitúe á súa vez cunha clara vocación internacional grazas á participación de ambas entidades, Citic e ITG, en redes europeas, e a súa demostrada xeración de coñecemento e a captación de recursos internacionais.

Experiencia e prestixio

O Citic, acreditado como Centro de Investigación Singular pola Xunta, é un referente autonómico en I+D+i relacionado coa intelixencia artificial, o big data, a robótica, a computación de altas prestacións e redes intelixentes. Composto por is de 200 investigadores de referencia a nivel internacional, cómpre destacar que un deles posúe unha bolsa “Starting Grant” do Consello Europeo de Investigación (ERC), un dos programas de financiamento máis importantes da Unión Europea, que se converteu nun indicador de prestixio e excelencia investigadora para as institucións que o posúen.

Por outra banda, nos seus máis de 25 anos desenvolvendo investigación aplicada, ITG converteuse nun aliado tecnolóxico para as empresas. En 2018, prestou servizos profesionais a 260 clientes no eido da industria 4.0, Internet das Cousas (IoT), big data, sistemas intelixentes non tripulados, realidade aumentada e intelixencia artificial. Recoñecido oficialmente como Centro Tecnolóxico Nacional, o seu director xeral, Carlos Calvo, preside dende 2015 a Federación Española de Centros Tecnolóxicos de España (Fedit), un colectivo de 31 centros tecnolóxicos e 4.000 investigadores cunha facturación conxunta de 272 millóns de euros.

Ambas entidades suman is de 15 proxectos internacionais e manteñen relacións comerciais e de colaboración en 17 países. Ademais, contan con múltiples recoñecementos internacionais de institucións como a ONU, a OCDEe a UE, que consolidan o seu prestixio.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)