Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As mellores obras das provincias de Ourense e Pontevedra teñen premio



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XULLO DE 2019 · (0)



As delegacións de Ourense, Pontevedra e Vigo do Colexio de Arquitectos de Galicia presentaron onte os premios “Gran de Área 2019” para distinguir aquelas obras destes territorios pola súa achega á arquitectura e a súa posta en valor da contorna.


Nun acto celebrado onte na Delegación de Ourense do COAG, o presidente da entidade colexial, Rafael Castro Armesto segundo pola dereita–, e os das delegacións de Pontevedra e Vigo, Anselmo Villanueva Peón primeiro pola esquerda– e Manuel Martínez Carazoprimeiro pola dereita– deron a coñecer as bases desta nova convocatoria do certame, que pretende ser un recoñecemento ao labor “conxunto e tan necesario” de todos os axentes que interveñen no proceso de xestación e construción dunha obra de arquitectura de calidade (arquitectos, promotores, construtores e aparelladores). Así, o obxecto do premio é destacar o valor da obra arquitectónica, unha “pequena pero importante achega á arquitectura, á creación e á posta en valor da contorna”.

Nesta edición, a Delegación de Pontevedra é a responsable da organización da convocatoria. O criterio de selección será establecido polo xurado, que poderá valorar a totalidade do proxecto ou unicamente un determinado aspecto da obra que achegue un carácter singular ou de valor: tipoloxía, innovación tecnolóxica, baixo custo ou implantación no territorio, entre outros aspectos.

O xurado estará composto polos presidentes das tres delegacións, un colexiado de cada delegación que seleccionará a súa xunta directiva, un colexiado seleccionado entre os premiados nos premios “Gran de Area” da edición anterior –consensuado polas delegacións–, e o secretario da delegación de Pontevedra, que actuará con voz pero sen voto. Os gañadores coñeceranse en outubro, mesmo mes no que se celebrará o acto de entrega de diplomas en Pontevedra

Poderán optar aos premios todos os arquitectos colexiados, con obras e proxectos da provincia de Pontevedra e Ourense, ata o último día de presentación válida desta edición, e que non foran presentadas en edicións anteriores do certame. Cada arquitecto poderá presentar tantas obras como estime oportunas, cos datos relativos a promotores, construtores e aparelladores que o arquitecto considere tamén merecedores de recoñecemento. O prazo de inscrición e presentación da documentación dos proxectos comezará o luns e rematará o 17 de setembro. As propostas deberán ser achegadas pola web do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG), a través da plataforma online de xestión de premios.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)