Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A Politécnica Superior de Ferrol adáptase ao que precisan as empresas



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XULLO DE 2019 · (0)



A subdirectora de Organización Académica e Estudantado, Sonia Zaragoza, explica que os cambios responden a demandas de sector e alumnado “que busca intensificar coñecementos nas áreas nas que o profesorado é máis forte cunha formación  o máis completa posible”, para que as empresas teñan enxeñeiros e enxeñeiras "máis capacitados e con máis habilidades".


Fanno actualizando os plans de estudos de dous dos seus graos para o próximo curso académico. Deste xeito, o Grao en Enxeñaría Mecánica contará con dúas mencións únicas en Galicia: “Mecánica de Máquinas” e “Estruturas e Construción”. E o alumnado do Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais poderá elixir entre a mención en “Enerxía” ou en “Industria Intelixente”, esta última pioneira en España.

Zaragoza destaca a implicación do profesorado do centro e a do propio alumnado dos graos en Enxeñaría Mecánica e en Tecnoloxías Industriais no proceso de actualización. Un feito que podería explicar, segundo a propia subdirectora, o interese que espertaron estas modificacións entre os estudantes. “Moitos deles pensan xa en cursar as dúas mencións aínda que non o precisan para obter o título”.

A EPS imparte ademais do Grao en Enxeñaría Mecánica e o Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, o Grao en Enxeñaría Naval e Oceánica, así como o programa de simultaneidade (dobre grao) en Enxeñaría Mecánica e en Enxeñaría Naval e Oceánica. As persoas tituladas nestes graos integran, segundo o recente informe do Ministerio de Educación e Formación Profesional que vén de facerse público, o grupo dos vinte títulos universitarios españois cos mellores salarios, grupo no que destacan sobre todo, as titulacións da área de enxeñaría e arquitectura.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)