Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O histórico acordo da UE co Mercosur, moi criticado polo SLG



REDACCIÓN · PUBLICADO O 11 DE XULLO DE 2019 · (0)



Afirma que “sectores estratéxicos para a nosa economía agraria como o da carne de vacún resultarían arrasados. E o apícola tamén verían fortemente ameazada a súa supervivencia”. Sen embargo levou case 20 anos de negociacións asinar este pacto comercial, non semella que vaia ser botado atrás.


“Resultará catastrófico especialmente para o medio rural, se realmente se acaba asinando”, afirma nun comunicado o SLG. Mentres dende Arxentina, o xornalista Loris Zanatta define este acordo como “unha resposta xeopolítica á onda proteccionista que avanza, (...) unha reacción multilateral ao agresivo unilateralismo de Donald Trump e os seus émulos. Obviamente, como calquera tratado similar, este tamén ten os seus prol e os seus contra, partidarios e detractores, entusiastas e medorentos, tanto no  Mercosur como en Europa. Pero é un tren que está a pasar agora e aqueles que o perden quedarán parados na plataforma esperando a Godot”.

O Mercosur, formando por Arxentina, Brasil, Paraguai e Uruguai chegou a este acordo histórico coa UE tras grandes esforzos e longas negociacións. Agora, practicamente toda Iberoamérica queda cuberta por acordos comerciais coa UE. É o primeiro acordo deste tipo que asina Mercosur, polo que a UE terá un acceso privilexiado a catro países cos que España ten importantes lazos. No sector da carne de vacún permitirá a entrada na UE de 99.000 toneladas de carne en cana. Isto supón máis do número total de cabezas de gando de Bélxica, Bulgaria, Dinamarca, Estonia, Grecia, Croacia, Chipre, Letonia, Luxemburgo, Hungría, Malta, Eslovenia, Eslovaquia, Lituania, Finlandia e Suecia xuntas. “Por se non abondase”, explican dende o SLG “ a isto habería que engadirlle as 65.000 toneladas de carne de vacún que se permitirá importar sen aranceis en virtude do CETA, o acordo comercial con Canadá ratificado por España en 2017.En total, "a Unión Europea acabaría abrindo o seu mercado a 164.000 toneladas de carne de vacún a baixo prezo que afundirían os nosos mercados e arruinarían as nosas granxas”. Aínda que Galicia é coñecida polo seu potencial na produción de leite o sector de vacún de carne o máis estendido e de maior implantación no noso medio rural: 20.919 granxas segundo os datos do Instituto Galego de Estatística de 2018, “esencial para conservar a pouca estrutura socio-económica que sobrevive no noso medio rural”.

En canto ao mel 2018 a UE importou 34.541 toneladas dos países de integran Mercosur que, ao pagar aranceis, vendíanse a prezos semellantes aos de aquí. Cómpre pensar que o prezo medio do mel de Mercosur en 2018 foi de 2'46 € por quilo, por baixo do nivel dos custes de produción do mel no Estado. “Eses continxentes, sumados aos doutras potencias apícolas como China, poderían afundir definitivamente os presos”. No eido avícola se permitirá a importación de 180.000 toneladas de carne de ave sen aranceis.

Os datos oficiais

Cando se poña en marcha estea cordo comercial as empresas europeas terán unha gran apertura do sexto mercado do mundo, con máis de 260 millóns de consumidores. Á súa vez,  Mercosur terá acceso a un mercado de 500 millóns de consumidores e liberalizará para a UE o 91% do comercio; o 72% será nun período de 10 anos ou menos. Os automóbiles e os seus compoñentes estarán totalmente  liberalizados. A maquinaria, os produtos químicos e farmacéuticos, os téxtiles e o calzado de coiro tamén estarán tamén cubertos, con moi poucas excepcións. O aceite de oliva, a malta, as patacas conxeladas, o viño (excepto a granel), as bebidas espirituosas, os refrescos, as froitas frescas, os tomates en conserva e os pexegos en conserva se  liberalizarán completamente; o sector lácteo gozará duns continxentes de exportación. E moitos produtos agroalimentarios veranse beneficiados pola protección das súas Denominacións de Orixe.

Para o Sindicato Labrego, calquera acordo comercial debe garantir a integridade dos sectores produtivos de cada país. “Hai que acabar con este tipo de acordos baseados nunha competitividade que só poden exercer grandes multinacionais con potencial suficiente para exportar (…) Sempre buscaremos alianzas para acabar con estes acordos de libre-cambio e evitar os que veñan. O noso obxectivo é construír outra gobernanza baseada na cooperación real”, afirman. En todo caso a UE  liberalizará de forma similar o seu comercio para  Mercosur, mantendo cotas para os produtos máis sensibles para os nosos agricultores, afirma. Simplificaranse os procedementos aduaneiros, harmonizaranse normas de calidade e etiquetaxe, e reforzarase a cooperación en materia de medidas sanitarias e fitosanitarias.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)