Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Mobilidade intelixente



REDACCIÓN · PUBLICADO O 29 DE XULLO DE 2019 · (0)



O proxecto Gema, financiado pola Gain a través do programa Conecta Peme, foi presentado esta mañá no Citic como unha aplicación que pretende deixar pegada, xa que vai favorecer á mellora da calidade e eficiencia dos servizos en empresas con traballadores en mobilidade.


A planificación intelixente de roteiros, axendas e horarios; a etiquetaxe semántica automática de traxectoria; a representación, almacenamento e explotación eficiente de traxectorias, e o desenvolvemento automatizado de software de Movile Worforce Management. Estes son os catro eixos de investigación que desenvolverá o proxecto Gema (“gestión de la movilidad”), un programa que conta cun financiamento de 800.000 euros cofinanciados polos Fondos Feder a traés do programa Conecta Peme, e que foi presentado esta mañá nun acto no que estiveron presentes representantes das cinco entidades que participan nel: Citic, Enxenio, Gesuga, AO Mayores Servicios Sociales e Taprega.

Precisamente, o programa Conecta Peme, encargado de subvencionar este proxecto, fomenta a cooperación entre as pemes e os demais axentes do sistema rexional de innovación a través do apoio a proxectos de I+D+i orientados ao mercado e aliñados cos retos e prioridades identificados na RIS3 para Galicia. Ademais, estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020.

Así, o proxecto Gema, que comezou a súa andadura o pasado mes de marzo e rematará en febreiro do 2020, abordará eses catro retos de investigación, agardando obter como resultados unha aplicación válida para calquera outra empresa que teña traballadores en movilidade”, segundo destacou Nieves Brisaboa, investigadora do Citic e catedrática da área de Linguaxes e Sistemas Informáticos da UDC. Segundo avanzou, este proxecto “deixará pegada, xa que vai favorecer á mellora da calidade e eficiencia dos servizos”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)