Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Cinco proxectos educativos galegos competirán na final do Premio á Acción Maxistral 2019



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XULLO DE 2019 · (0)



No certame, que celebra este ano a súa décimo quinta edición, puideron participar docentes, centros escolares, alumnos e ANPA que realizan proxectos educativos de innovación social educativa. Concorreron un total de 348 candidaturas.


Os cinco proxectos galegos foron seleccionados en diferentes categorías nas que se convoca este premio: ANPA –“ANPA Río de Va”, do CEIP Plurilingüe Os Casais, de Maniños-Fene, e “Teatreando e Integrando”, da ANPA Pilar de Foz, do CPR Plurilingüe Nosa Señora do Pilar de Foz–; Proxecto A (Educación Infantil e Primaria) –“A tenda de Antón”, do centro Escola Infantil Municipal Monte Alto da Coruña, e “Tecendo redes emerxentes para unha educación inclusiva” do CRA Mestra Clara Torres de Pontevedra–, e Proxecto B (Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato, Ciclos Formativos de Grao Medio e Programas de Cualificación Profesional Inicial) –“Aturuxo films. Imaxinando músicas”, proveniente do IES de Cacheiras (A Coruña)–.

Co proxecto “ANPA Río de Va”, a Asociación de Nais e Pais do CEIP Plurilingüe Os Casais pretende despertar a creatividade do alumnado mediante diferentes actividades como talleres de inglés, de baile, de teatro, de cociña, de robótica ou de patinaxe, entre outros. Pola súa banda o proxecto “Teatreando e Integrando”, da ANPA Pilar de Foz, propón actividades artísticas para os alumnos que promovan valores integradores e educativos a través de actividades lúdicas fóra da aula. Dentro desta iniciativa realízanse talleres de manualidades, maquillaxe e teatro.

Na categoría Proyecto A, o proxecto A tenda de Antón”, da Escola Infantil Municipal Monte Alto, ten como obxectivo que, a través do xogo, os máis pequenos desenvolvan competencias básicas para os primeiros anos de infancia, como a autonomía, a iniciativa persoal ou as capacidades sociais. Para iso, dende “A tenda de Antón” se simula un espazo de compra-venda onde os nenos poden simular que van á compra ou que son os propios dependentes da tenda. En canto ao proxecto “Tecendo redes emerxentes para unha educación inclusiva”, do CRA Mestra Clara Torres, o seu obxectivo é dar resposta á diversidade de alumnos e familias do centro, considerando a diversidade como un valor. Mediante un blog, unha canale de YouTube, acampadas e sesións informativas ás familias preténdese crear un ambiente de inclusión dentro do centro escolar.

Por último, na categoría Proyecto B, o proxecto “Aturuxo films. Imaxinando músicas”, do IES de Cacheiras, preténdese pretende usar o cine para educar en valores, desenvolver o sentido crítico e potenciar a creatividade dos alumnos.

Premio á Acción Maxistral

O Premio Acción Maxistral, promovido pola Fad e BBVA, buscan galardonar aquelas iniciativas educativas que, dende diferentes categorías, promovan a innovación social educativa. Nesta comunidade autónoma, o certame conta coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ao igual que en edicións anteriores. Durante a primeira fase de avaliación do premio, que selecciona aos finalistas, contouse coa participación en Galicia de representantes da Xunta, de docentes da comunidade virtual Acción Maxistral con experiencia en educación en valores, así como de representantes das institucións convocantes.

Todos os proxectos finalistas poden ser consultados e votados na web de Acción Maxistral (https://accionmagistral.org/premio-accion-magistral/#1553766299685-ace1f7a8-235e ). O período de votación popular permanecerá aberto ata o venres e posteriormente será un xurado o que determine os proxectos gañadores, que se farán públicos en setembro. O premio forma parte de Acción Maxistral, un proxecto educativo da Fad e BBVA para potenciar e apoiar aos docentes españois que traballan día a día por intentar facer da escola e o ensino un lugar máis creativo, innovador e xerador de impacto social educativo.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)