Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Só o 1% da poboación activa española adícase a I+D



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XULLO DE 2019 · (0)



A porcentaxe española de investigadores está tres décimas por debaixo da media da Unión Europea, onde se insiste na necesidade de investir en innovación e investigación para fortalecer a competitividade e crear emprego nas economías do coñecemento.


Un factor fundamental para acadar ese obxectivo reside en aumentar o persoal que se adica profesionalmente ao ámbito da investigación e o desenvolvemento. Na UE-28, a porcentaxe media de poboación activa que traballa en I+D medrou dende un 1% que había 2007 a un 1,3% en 2017. Entre os países europeos obsérvanse, sen embargo, grandes diferenzas, xa que nalgúns se chega a cifras arredo ou incluso por riba do 2%, mentres que noutro extremo nin tan sequera se acada o 0,5%.

Os estados membros coa maior proporción de poboación activa traballando no eido de I+D son Dinamarca (2,2%), e Luxemburgo e Finlandia, ambos cun 1,9%, así como Austria cun 1,8%. Suecia e Bélxica comparten un 1,7%, mentres que Alemaña e os Países Baixos se sitúan nun 1,6%. Francia e Eslovenia chegan ambos ao 1,5%, ao tempo que a República Checa, Irlanda e o Reino Unido se quedan na media europea.

Por debaixo da media están Italia e Portugal. A continuación figura España, xunto a Grecia, ambos cun 1%. No noso país a cifra aumentou pouco dende o ano 2007, cando estabamos nun 0,9%, e seguimos por debaixo do promedio da UE-28. Por detrás de nós sitúanse 11 países de recente adhesión, pechando a clasificación Romanía e Chipre, que comparten un 0,4%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)