Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Manuel Vázquez encabeza a nova directiva de Aclunaga



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE XULLO DE 2019 · (0)



Na asemblea extraordinaria que elexiu os novos cargos, o presidente saínte, Marcos Freire, salientou que durante o seu mandato a Asociación Cluster do Naval Galego impulsou a internacionalización, poñendo a Galicia á cabeza da produción nacional.


Manuel Vázquez, xerente de Norinver Montajes e Ingeniería, foi elixido presidente da Asociación Cluster do Naval Galego (Aclunaga) na asemblea extraordinaria celebrada esta mañá en Santiago, un encontro que contou coa participación do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

No transcurso da reunión, o presidente saínte fixo balance do traballo realizado dende o cluster durante estes últimos anos, nos que, segundo os datos dispoñibles de 2018 e do primeiro trimestre deste exercicio, o sector conta en Galicia con 30 contratos en vigor e mantén o volume de facturación emprego de 2017, é dicir, arredor dos 2.000 millóns de euros e is de 14.200 profesionais.

En materia de formación, Freire destacou os pasos que se van dando na adecuación do Plan de Formación Naval impulsado en colaboración coa Xunta, definindo novos esquemas de axudas e prazos que sexan compatibles coa realidade do sector, que necesita profesionais altamente cualificados e aptos para os novos modelos de negocio.

En canto innovación, lembrou que “seguimos loitando para lograr que o veto ao CNAE Construción e Reparación Naval desapareza”, algo que cualificou de fundamental para beneficiarse dos programas e fondos europeos ao igual que outros sectores, tal e como se lle transmitiu recentemente ao director xeral de Industria, Galo Gutiérrez, na presentación en Vigo do Plan de I+D+i elaborado por Soermar a instancias dos estaleiros.

Representantatividade

Nos últimos catro anos Aclunaga continuou fortalecendo a representatividade de toda a cadea de valor da industria naval, pasando de 108 aos 131 socios actuais, ademais de fomentar a evolución cara un modelo integrador entre estaleiros e industria complementaria como vía indispensable para competir e medrar nos mercados internacionais.

A este crecemento exterior axudaron tamén as 35 misións comerciais impulsadas dende Aclunaga entre 2015 e 2018, así como o traballo realizado dende a patronal Sea Europe, na que o naval galego aúna forzas na defensa dos intereses comúns da industria europea fronte á competencia asiática.

Nova directiva

Pola súa banda, o novo presidente expresou o seu agradecemento á directiva saínte e a todos os socios pola confianza depositada na candidatura refrendada hoxe, asegurando que “traballaremos para que Aclunaga sexa un foro participativo e cómodo para todos os seus membros, e que atopen no cluster o apoio que necesitan para desenvolver as súas ideas”, servíndose da ampla experiencia empresarial dos novos responsables da asociación.

Acomapañan a Manuel Vázquez na nova Xunta Directiva de Aclunaga: Xoaquín Manoel Cardama Aldecoa, de Astilleros Francisco Cardama; José Ramón Franco Caaveiro, de Grupo Intaf; Roberto Derungs Cachaza, de Talleres Mecánicos Galicia; Alicia González Montero, de Reparaciones Generales Navales; Marcos Freire García, de CNP Freire; Carlos Alonso Vila, de Baliño; Alberto Iglesias González, de Metalships & Docks; José Luis Prado Cadavid, de Hidrofersa Fábrica de Chavín; Casiano Iglesias García, de Chorro Naval; Alfonso López Loureiro, de Hijos de J. Barreras; Andrés Moya Fernández, de Desarrollo Técnicas Industriales de Galicia; Antonio José Llago Hermida, de Gabadi; Pedro Maitegui Mouriz, de Talleres Maiztegui; Jesús Manuel Ferradáns Barreiro, de Gallega de Mecanizados Electrónicos; José Antonio Camblor García, de Tym Ganain; Javier Díaz Arnau, de Muéstralo Organización de Eventos Feriales, e José Antonio de Troya Calatayud, do Colexio Oficial de Enxeñeiros Navais.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)