Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Os expertos TIC representan o 3,2% do emprego en España



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE XULLO DE 2019 · (0)



O avance da dixitalización empresarial supuxo un aumento considerable da contratación de profesionais especializados en tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) na UE-28, e en España xa eran uns 620.000 os que traballaban neste sector en 2018.


Segundo os datos que publica Eurostat, en 2018 a Unión Europea contaba cuns 8,9 millóns de expertos en TIC traballando nas economías que forman parte dela, o que equivale a un promedio do 3,9% sobre o emprego total. Sem embargo, as porcentaxes varían moito duns estados membros a outros, sendo os escandinavos, con taxas arredor do 7%, as que contan con máis profesionais neste sector.

Os países da UE-28 coa maior proporción de expertos TIC son Finlandia cun 7,2% e Suecia cun 6,8%. Estonia, Luxemburgo, os Países Baixos e o Reino Unido séguenlles superando o 5%, mentres que Bélxica e Malta se quedan algo por debaixo. Entre os países que están por riba da media sitúanse ademais Austria, Dinamarca, Irlanda e Francia, entre outros, e Alemaña quédase xusto no promedio do 3,9%.

Os restantes países da UE-28 non chegan á media. En España os profesionais especializados en TIC aumentaron a aproximadamente 620.000 en 2018, o que equivale a un 3,2% do emprego total. As cifras xa baixan ao 2,8% en Italia e ao 2,4% en Portugal. Pechan a clasificación Grecia cun 1,8% e Letonia cun 1,7%.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)