Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O deterioro dos niveis de impago comercial modérase en 2019



REDACCIÓN · PUBLICADO O 31 DE XULLO DE 2019 · (0)



O Índice Crédito y Caución de Incumprimento sinala un empeoramento dos niveis medios de impago do 7,5% no primeiro trimestre do ano, o que supón unha moderación do deterioro observado ao peche de 2018 (9,4%).


Os datos preliminares do segundo trimestre de 2019 deste índice, que sinala o signo e a intensidade da evolución dos impagos que sofre o tecido empresarial ante a evolución da contorna económica, indican, ademais, unha estabilización progresiva dos niveis de impago. O estoupido inicial da crise provocou en 2008 unha vaga de impagos que multiplicou por tres os niveis soportados polo tecido empresarial, pero ao longo da última década, este índice amosou un comportamento de dentes de serra froito de diversos factores, como a evolución da contorna de negocio, o acceso ao financiamento bancario e a prudencia na xestión do crédito ao cliente no B2B.

Tras a mellora encadeada dos niveis de impago en 2009 e 2010, froito en gran medida dunha mellora xeral na selección do risco, o comportamento do índice rexistrou unha nova fase de empeoramento en 2011 e 2012. O ciclo de mellora entre 2013 e 2015 estivo moi vinculado a un intenso incremento da actividade comercial. No segundo trimestre de 2016, por primeira vez en 13 trimestres, os niveis medios de impago soportados pola empresa española amosaron un cambio de signo. O exercicio 2017 e 2018 tiveron unha evolución similar, cun suave incremento dos niveis de impago.

Os impagos seguen sendo unha ameaza importante para o crecemento e a supervivencia das empresas españolas. De acordo co último estudo da Xestión do Risco de Crédito, en cuxa elaboración participa Crédito y Caución, o 69% das empresas españolas sofre algún tipo de impacto significativo a causa dos impagos dos seus clientes: incremento dos seus custos financeiros (39%), perda de ingresos (29%), limitación do crecemento (16%) ou os investimentos (15%) e, o máis grave, risco de continuidade de negocio (9%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)