Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Gadis eleva a 368 millóns de euros as súas compras a provedores galegos



REDACCIÓN · PUBLICADO O 01 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



A cadea de supermercados mantén alianzas estables con is de 860 provedores de proximidade, de sectores produtivos de grande importancia para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.


Xerar riqueza na súa contorna dun modo sostible é un dos principais retos que se ten marcados a compañía e para iso un dos vértices desta estratexia é a alianza estable que mantén cos seus provedores de quilómetro 0” de Galicia e Castela e León, na súa maioría cooperativas, pequeas e medianas empresas, que abastecen á cadea de produtos de proximidade.

Esta estratexia abórdase dende unha perspectiva integral: impulsar aos produtores locais de Galicia, de vital importancia para o desenvolvemento socioeconómico desta comunidade autónoma e o medioambiente, xa que se reducen as rutas de transporte e, polo tanto, as emisións de CO2. Pero tamén comprometida co fomento de hábitos de vida saudables, poñendo a disposición dos clientesnos seus 222 puntos de venda unha ampla selección de produtos frescos e de tempada, claves no seguemento dunha dieta equilibrada e sostible.

O estreito e permanente vínculo e as relacións de colaboración cos 295 provedores de alimentación envasada, 177 de panadaría, 138 do sector pesqueiro, 104 de chacinaría, 56 de carnizaría, 51 de froitas e verduras, 25 de conxelados e 20 de queixos e lácteos, permiten ofrecer vantaxes competitivas en prezo, calidade, frescura e amplo variado nos puntos de venda. O fin é que a experiencia de compra resulte totalmente satisfactoria para o cliente, ao que facilita as opcións máis diversas para incrementar as súas posibilidades de elección durante as catro estacións do ano.

Esta aposta redobrouse na campaña de verán para potenciar o coñecemento da calidade e riqueza da gastronomía galega entre os centos de miles de turistas nacionais e internacionais que visitan esta comunidade autónoma. Desta forma, ata o 10 de agosto, os puntos de venda Gadis de Galicia desenvolven unha campaña baixo o lema “Disfruta Galicia, disfruta Gadis”, cunha destacada selección de produtos autóctonos en promoción, como os pementos de Padrón, paleta de cerdo alimentado con castañas, conservas, queixos de tetilla, ameixa das Rías Baixas e viños das diferentes denominacións de orixe, entre outros. Para a compañía, esta acción representa “un impulso máis aos nosos sectores económicos tradicionais como a agricultura, a gandeiría e a pesca no marco da estratexia global de dinamización e creación de riqueza na súa contorna máis próxima dunha forma sostible”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)