Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O Acuario do Grove combina natureza e patrimonio marítimo coa exposición “O océano que nos une”



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



A mostra itinerante da Rede de Espazos Museísticos Atlánticos (REMA) estará na localidade pontevedresa ata o día 11, amosando os puntos claves dos museos galegos adheridos a esta rede.<


“O océano que nos une” quedou inaugurada nun acto celebrado onte, no que a benvida correu a cargo de María José Vales Martínez, presidenta do Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) Ría de Arousa. Pola súa parte, Rosa Carballo Martínez, xerente deste mesmo GALP, realizou unha presentación técnica na que trasladou aos asistentes a evolución do proxecto Morada Atlántica desde os seus inicios. A xerente tamén presentou a rede REMA aos asistentes, explicando as principais características dos espazos que na actualidade forman parte dela e as perspectivas de futuro.

Os asistentes puideron aprender máis sobre o Acuario do Grove grazas á intervención de Ignacio Aguinaga, director do espazo, que deu paso ao peche do acto por parte de José Antonio Cacabelos Rico, alcalde do Grove. Para completar a experiencia, Rebeca Aguinaga, directora do acuario, ofreceu un percorrido guiado polos dez paneis desta exposición.

Despois de estar no Acuario do Grove, “O océano que nos une” seguirá o seu camiño ata o mes de novembro polos museos adheridos á rede REMA. O calendario de exposicións é o seguinte:

  • Museo do Mar de Laxe: do 14 ao 25 de agosto.

  • Arquivo da Pesca de Caión: do 29 de agosto ao 8 de setembro.

  • Museo do Mar de Fisterra (lonxa turística): do 12 ao 22 de setembro.

  • Centro de Interpretación Caldoval: do 26 de setembro ao 6 de outubro.

  • Museo Man de Camelle: do 10 ao 20 de outubro.

  • Ecomuseo Forno do Forte (Centro Cívico de Malpica): do 24 de outubro ao 3 de novembro.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)