Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O “Mercado de la Cosecha” regresa ao Paseo das Pontes como broche final ao Noroeste Estrella Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



O festival despedirase a fin de semana do 10 e 11 de agosto, de 12.00 a 22.00 horas, cunha oferta musical e de ocio para todos os públicos da man de “El Mercado de la Cosecha”, unha iniciativa impulsada por Hijos de Rivera.


O éxito desta iniciativa de compromiso social de Hijos de Rivera no marco do festival foi en aumento en cada edición acadando os 11.000 asistentes do pasado ano que apoiaron coa súa presencia unha proposta de ocio familiar arredor do rural e a sostibilidade. Onte tivo lugar a presentación do “Mercado de la Cosecha” e tanto a alcaldesa da Coruña, Inés Rey, como a concelleira Diana Sobral quixeron destacar o valor desta oferta de ocio para a cidade. Pola súa banda, Antonio Viejo, director corporativo de Hijos de Rivera, invitou a todos a acudir a este acontecemento, que pretende “contribuír ao desenvolvemento sostible da nosa Galicia rural e amosar todo o seu potencial”. Trátase, segundo dixo, dunha proposta que “este ano se renova e ten unha vertente de sostibilidade e de medio ambiente moi importante” que se reflictirá tamén nas actividades que se van presentar.

De novo o “Mercado de la Cosecha” despregará no espazo do Paseo das Pontes un atractivo programa co que pretende sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de transformación do rural e facerlle partícipe da súa responsabilidade nesta tarefa. Todo iso nun ambiente festivo, cun cartel musical de luxo, e cunha ambiciosa proposta de actividades arredor do medio ambiente, a revalorización da orixe, o valor do local ou o consumo responsable.

Neste sentido, o día 10 o “Mercado de la Cosecha” porá en marcha talleres diversos como os de elaboración e catas de panes e queixos, coidado de hortos ou compostaxe, de posta en marcha dun viveiro e o seu coidado ecolóxico, así como degustacións de sidras Maeloc e charlas sobre sostibilidade no rural ou modelos de negocio para a súa transformación. Os asistentes poderán inscribirse ao chegar no posto habilitado para iso.

Esta programación estará acompañada por tres directos de luxo en sesión de tarde, de 16.00 a 20.00 horas, con artistas de referencia da escena indie do noso país, como Pablo Lesuit, Anni B Sweet e Los Punsetes. Os xogos tradicionais e talleres de manualidades estarán toda a fin de semana a cargo de R, así como talleres de bioconstrución en horario de mañá, mentres que Gadis desenvolverá unha completa axenda destinada aos máis pequenos de talleres de cociña e actividades lúdicas.

Sostibilidade

Como novidade, este ano súmase á proposta o “Proxecto de Sostenibilidade WE”, que se desenvolverá durante as dúas xornadas cunha oferta de actividades de concienciación arredor da sostibilidade que van dende a reciclaxe con caixas de carton “kraft” e construción de castelos para customizar, preparación de camisetas Tie Dye con tintes naturais, práctica de skateboarding cunha rampla reciclada, ou talleres de caretas ou de pintura.

O domingo 11 o “Mercado de la Cosecha” ofrecerá unja serie de charlas e coloquios con temáticas como “Accións cotiás para a sostibilidade ou A importancia do medio rural na sostibilidade global”. Ademais, se desenvolverán actividades sobre slowfood, así como talleres de elaboración de queixos, de pan, de cociña variada ou o coidado dun horto en casa e catas de infusións e sidras Maeloc, así como degustacións doutros produtos do rural galego.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)