Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Case a metade dos contratos indefinidos en Galicia provén dun temporal



REDACCIÓN · PUBLICADO O 05 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



Os 20.388 contratos temporais que se converteron a indefinidos nesta comunidade autónoma na primeira metade do ano representan o 45,8% do total correspondente a esta modalidade de relación laboral, a quinta porcentaxe máis elevada de España.


Sen embargo, o volume total de contratos indefinidos que provén dun temporal en Galicia sufriu un descenso do -1,3% respecto aos 20.654 convertidos nos seis primeiros meses de 2018, unha diminución que, non obstante, é menor á rexistrada con conxunto de España, que foi do -2,5% ao pasar dos 407.986 aos 397.702. Así se desprende dunha análise realizada pola empresa de recursos humanos Randstad, na que detecta que durante o primeiro semestre do ano o 37,4% dos contratos indefinidos neste país provén dun de duración determinada, a taxa máis elevada dos últimos sete anos e supón cinco exercicios de crecemento consecutivo.

Desta forma, Galicia é a quinta comunidade autónoma coa porcentaxe de contratos indefinidos que provén dun temporal máis elevada neste período, só superada por Andalucía, que encabeza a clasificación cun 48,4%, Comunidade Valenciana (46,6%), Canarias (46,6%) e Cantabria (46,4%). Noutro extremo, as porcentaxes máis baixas rexistráronse en Baleares (25,9%), Comunidade de Madrid (26%), Murcia (32,9%) e Cataluña (33,9%), sendo estas comunidades autónomas as catro únicas cunha taxa menor que a media nacional.

Analizando a serie histórica en España, obsérvasese que, tras rexistrar a cifra máis elevada en 2008 (432.772), este tipo de contratos descendeu durante cinco exercicios consecutivos, a excepción dun leve repunte en 2010 (+8,2%), ata rexistrar a cifra máis baixa en 2013 (197.769). Dende ese ano, os contratos de duración determinada convertidos a indefinidos aumentaron durante os seguintes cinco anos ata acadar os 407.986 en 2018. Neste momento, as contratacións reducíronse nun 2,5%, ata as 397.702 actuais.

Por sectores

O sector de actividade no que o profesional desenvolve o seu traballo é relevante á hora de analizar a evolución dos contratos de duración determinada convertidos a indefinidos. En termos absolutos, o sector servizos é no que máis conversiónes se realizan, con 294.286 contratos temporais convertidos a indefinidos. A continuación sitúanse industria (56.622), construción (35.546) e, por último, agricultura (11.248). Ademais, o estudo destaca que o sector da construción é o único no que os contratos convertidos en indefinidos medraron con respecto ao ano anterior, nun 12,6%. Séguenlle os sectores de servizos, cunha caída do -2,9%; agricultura, co -3,9%, e industria, co descenso máis acusado, un -8%.

Outro indicador relevante é o peso dos contratos convertidos con respecto ao total de contratos indefinidos segundo o sector onde traballe o profesional. Deste modo, o estudo destaca que un de cada dous (50,4%) contratos indefinidos do sector industrial procede dun de duración determinada. A continuación atópase a construción (47,8%), servizos (35,3%) e agricultura (22,3%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)