Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

As familias galegas gastaron en 2017 unha media de 2.258 euros en comer fóra de casa



REDACCIÓN · PUBLICADO O 06 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



Galicia sitúase así como a cuarta comunidade con menor gasto neste concepto, moi lonxe dos que máis gastaron, que foron os navarros, cunha media de 3.435 euros en bares e restaurantes.


Os 2.258 euros que as familias galegas gastaron de media en comer fóra da casa representan un incremento do 12,5% respecto ao ano anterior, segundo un estudo elaborado por AIS Group. Sen embargo existen diferenzas entre as provicias desta comunidade autónoma, sendo os fogares coruñeses os que máis diñeiro gastaron en bares e restaurantes, cunha media de 2.448,03 euros, un 9,9% máis que en 2016. A continuación sitúase a provincia de Pontevedra cunha media de 2.197,50 euros (+8,3%), a de Lugo con 2.157,30 euros (+31,1%) e Ourense con 1.975,87 euros (+18,2%).

O informe revela que, tras os navarros, os fogares que máis gastaron en comer e cear fóra foron os vascos, comenzando polos alaveses que destinaron 3.230 euros, os de Biscaia (3.135 euros) e os guipuzcoanos (3.055 euros). Madrid é a quinta provincia con maior gasto en restauración (3.030 euros) e a que pecha o ranking das que superan os 3.000 euros anuais de media. Séguenlles as familias de Baleares, con algo menos de 2.900 euros e as de Murcia, que superan lixeiramente os 2.800 euros.

Pola súa banda, as familias que menos gastaron en bares e restaurantes foron as Canarias. Así, os fogares de Tenerife e As Palmas apenas destinan entre 1.750 euros e 1.760 euros de media a comer fóra de casa. Outros dos rexistros máis baixos se dan en Badaxoz (1.870 euros), Cáceres (1.905 euros), Cuenca (1.915 euros), Ourense (1.975 euros) e Albacete (1.992 euros).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)