Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Recoñecemento e bo trato



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



Estas son as dúas cualidades que os traballadores españois desexan para o seu xefe ideal segundo o I Barómetro de Emprego de Infojobs, que revela que o 49% da poboación desexa un líder que saiba valorar o traballo realizado e coide moito o trato cos seus empregados.


Analizando o resto das cualidades, a honestidade e a confiabilidade do líder son elixidas por catro de cada dez empregados, e tamén destacan outros aspectos como a empatía (39%), a capacidade do xefe de traballar en equipo (38%), a de delegar e confiar (35%), a capacidade de comunicar (29%), a escoita activa (28%), a humildade (28%), a experiencia (25%) e a autoridade sen imposición (24%).

Ao observar os resultados por diferentes variables, os resultados cambian. Tomando en primeiro lugar as respostas dadas por mulleres e por homes, vemos que para elas o máis importante é que o xefe saiba recoñecer e felicitar ao seu equipo (55%), mentres que para eles a honestidade e a confianza ocupan o primeiro posto (43,5%). A empatía, a segunda característica elixida polas mulleres (43%), cae ao quinto lugar entre os homes (35%), mentres que para eles a segunda cualidadeis buscada no seu líder é a súa capacidade para recoñecer os logros (43%). En terceira posición, tanto homes como mulleres fan referencia ao traballo en equipo. En las xerais, o que se observa é que, independentemente do xénero, ambos coinciden nas cualidades desexadas, pero con diferente orde de mención.

Segundo a categoría profesional, o recoñecemento, as felicitación e o bo trato ubícanse en primeira posición tanto para os empregados, que son os que máis os mencionan (51%), como para os mandos intermedios e para os directivos, aínda que estes dous últimos o mencionan en menor medida, baixando ata o 42% e o 47%, respectivamente. O mesmo ocorre coa capacidade de comunicar, que é importante para un 33% dos empregados e só para un 21% da dirección. Tamén cómpre destacar que un 30% dos empregados dá importancia a ter un xefe humilde, mentres que esta cualidade só é desexada polo 20% dos profesionais que ocupan cargos directivos. E a situación repítese coa escoita activa, que é algo moi valorado polos empregados (29,5%) pero que se ubica entre os últimos postos para os directivos (19%).

No lado contrario, obsérvase que, para os altos mandos, delegar e confiar é o terceiro aspecto que máis desexan atopar nun líder (42%), cualidade menos valorada polos empregados, en quinta posición (33%). De igual forma ocorre coa visión global, altamente destacada pola dirección (23%) e pouco relevante para os empregados (13%). Finalmente obsévanse dúas cualidades diferenciais para os mandos intermedios: transmitir autoridade sen impoñer (29%) e a capacidade de priorizar (23%), aspectos que caen ao 23% e ao 16% respectivamente no resto dos niveis profesionais.

Segundo a idade

Tamén se observan algunhas diferenzas por idade. A máis significativa atopámola nos máis novos (de 16 a 24 anos) porque son os únicos que elixen a empatía como a cualidadeis desexada nun líder cun 51% de mencións. Na franxa dos 25 aos 44 anos, esta cualidade ocupa o segundo lugar (42% de mencións), mentres que para os de 45 a 55 xa cae á quinta posición (cun 34% de mencións)e no caso dos maiores de 55 baixa ata a sexta (30%).

Así mesmo, para os mozos tamén cobra maior importancia a humildade, que se sitúa entre as cinco primeiras cualidades máis desexadas nun líder. A poboación activa de 16 a 24 anos menciónaa en quinto lugar (30%) e s de 25 a 34 anos sitúana no cuarto (35%). A nivel xeral, a humildade á a oitava cualidade máis desexada (28%) e nos grupos de 35 a 45 anos, de 46 a 55 anos e de máis de 55 anos, tamén perde forza e sitúase en oitava (29%), novena (26%) e duodécima (18%) posición.

A escoita activa tamén aparece entre as cinco cualidades máis desexadas polos mozos de 16 a 24 anos (31%), mentres que nos outros grupos de idade ocupa posicións inferiores e sempre fóra do top 5. E, en cambio, vemos que nos grupos de a partir de 35 anos a cualidade de saber traballar en equipo cobra maior importancia e cólase entre as cinco primeiras posicións, mentres que para os máis novos é unha cualidade menos valorada.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)