Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

España é un dos poucos países europeos con paga extra de verán equivalente a un salario



REDACCIÓN · PUBLICADO O 07 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



Mentres este país conta cun dos sistemas de retribucións extras máis sólidos de Europa avalado pola ley, outros como Alemaña ou Francia dependen dos convenios colectivos establecidos para o pago desta asignación.


Segundo unha análise realizada por Seresco, España, xunto con Portugal, é un dos poucos países onde se establece o pagamento dun subsidio vacacional equivalente a un salario, excluíndo a manutención de tickets restaurante. Nun mercado sen fronteiras, onde son moitos os españois que traballan fóra de España ou ten a intención de facelo nun futuro, coñecer o proceso de pago desta asignación é fundamental á hora de coñecer as peculiaridades de cada rexión europea.

Neste sentido, Seresco realizou unha comparativa entre seis países europeos: Alemaña, Francia, Bélxica, Holanda, Portugal e España. En Alemaña, a paga do décimo terceiro mes non está prevista na súa lexislación. De igual forma ocorre en Francia. Sen embargo, en ambos países, a lei establece que os convenios colectivos poden prevalecer o que finalmente pode levar ao pagamento desta asignación, como adoita ser o caso.

En Bélxica tampouco existe o dereito de pago desta extra en virtude da lei, pero dependerá do que indique o acordo de negociación colectiva. Non obstante, cando existe o dereito de percibir esta asignación, o valor é do 92% do salario bruto, e o 85% non está gravado pola seguridade social.

Pola súa banda, nos Países Baixos si que existe unha asignación por vacacións, pero cun cálculo diferente: a asignación é equivalente ao 8% do salario anual bruto, e págase a todos os traballadores. En Portugal contan cun caso moi similar ao de España, pois o pago da asignación por vacacións é unha práctica aprobada pola lei.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)