Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

368 mozos con discapacidade buscan emprego en Galicia



REDACCIÓN · PUBLICADO O 08 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



Segundo o cuarto informe “Mozos con discapacidade, motor de futuro” realizado pola Fundación Adecco e JYSK, a taxa de actividade deste colectivo só acada o 25,4%, o que sitúa a cifra total en 23.393 mozos con discapacidade en activo en España.


O estudo, elaborado con motivo do Día Internacional da Xuventude, que se celebra o vindeiro luns, tamén indica que deses mozos, só 9.419 buscan emprego, co que o 74,6% non ten emprego nin o busca. Non obstante, a taxa de desemprego neste colectivo diminuiu no último ano, rexistrando un 56,2% fronte ao 60,6% do ano pasado.

Isto non impide, sen embargo, que os mozos con discapacidade en situación de desemprego en Galicia aumenten en valores absolutos un 0,3% ata situarse nos 368, o que representa un 3,9% do total dos mozos con discapacidade en España. Ademais, esta cifra representa o 2,2% do total de parados menores de 25 anos que hai en Galicia, un total de 16.400.

O informe, baseado nunha enquisa a 300 persoas con discapacidade de entre 18 e 30 anos, así como en análises de portais oficiais como “O mercado de traballo das persoas con discapacidade 2019” do SEPE, “O emprego das personas con discapacidade” do INE ou a “Enquisa Global Millennials 2019” de Deloitte, tamén incide en que o 87% dos mozos con discapacidade coincide en que o emprego é a súa principal preocupación, e que queren traballar en empresas ordinarias (74%), fronte ao 6% que quere facelo en Centros Especiais de Emprego e o 20% que o quere facer en Centros Ocupacionais.

Á vista destes datos, Francisco Mesonero, director xeral da Fundación Adecco, destaca a importancia da xuventude en tanto que “os mozos son o motor de desenvolvemento”, e por iso considera un imperativo “potenciar o acceso ao mercado laboral dos mozos con discapacidade, asegurándonos de que a discapacidade pasa a un segundo plano e se valora ao candidato polo seu talento e o seu potencial”. Neste sentido, advirte que “só así lograremos un futuro máis xusto e inclusivo tanto na empresa como fóra”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)