Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Mercar un ático na Coruña é un 22% máis caro que adquirir un piso



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



A pesar de significar un desembolso moito maior, a diferenza é menor da que existe de media en toda España, dun 26%, e está moi por debaixo da que se produce na capital de provincia con maior sobrecusto para estas vivendas, que é Sevilla cun 56%.


Así se reflicte nun estudo publicado por idealista, segundo o que os áticos custan un 16% máis que os pisos intermedios en Pontevedra e un 11,5% máis en Ourense, unha das diferenzas máis baixas que hai en España. Pola súa banda, o informe deste portal inmobiliario non ofrece datos da outra capital de provincia galega, Lugo, como tampouco de cidades como Vigo, Santiago ou Ferrol.

Supoñen o sono da maioría de persoas que aspiran a comprar unha vivenda. Os áticos ofrecen mellores vistas, terraza e independencia ao non contar con veciños por riba. Pero todas estas cualidades se pagan: adquirir un ático en España é, de media, un 26% máis caro que mercar un piso en plantas intermedias. A exclusividade deste tipo de vivendas vén determinada tamén pola escasa oferta, xa que apenas un 7,8% dos pisos que se poñen á venda neste país e que son anunciados en idealista se presentan como áticos.

A maior diferenza entre as últimas plantas e as intermedias dase na cidade de Sevilla, xa que facerse cun ático esixe pagar un sobreprezo do 56,2%. Séguenlle a cidade de Valencia (53,4%) e Granada (48,2%). Por debaixo do 40% atópanse encuentran os áticos de Soria (39,8% de sobreprezo), San Sebastián (37,8%), Huelva (37,7%) e Santa Cruz de Tenerife (37,5%).

Este tipo de vivenda é máis caro en todas as capitais españolas, pero nalgúns casos as diferenzas fronte aos pisos intermedios son pequenas. En Murcia, por exemplo, só supoñen un sobrecusto do 5,3%, mentres que chega ao 5,7% no caso de Xaén e ao 9,2% en Guadalaxara. Con diferenzas por riba do 10% sitúanse As Palmas de Gran Canaria (11,4%), Ourense (11,5%), Salamanca (12,5%) e Cáceres (13,5%).



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)