Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Repsol investirá 69 millóns de euros en eficiencia eficiencia enerxética e ambiental da refinería da Coruña



REDACCIÓN · PUBLICADO O 12 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



Os proxectos  G-52, G-53 e  G-54 reducirán emisións de CO2 e partículas e o G-55 aumentará a competitividade cunha nova unidade de propileno. A refinería afirma que acaba de obter as licenzas correspondentes do Concello de Arteixo para poder levar a cabo uns traballos “que se executarán principalmente durante o próximo ano”.


A nova columna de destilación de propileno medirá preto de 80 metros de altura, desmantelarase proximamente unha zona dunha antiga unidade e executaranse as novas obras en 2020. Está prevista a posta en marcha a finais do próximo ano.

A unidade de FCC (Craqueo Catalítico Fluído) serve para transformar gasoil e outros compoñentes procedentes da destilación atmosférica en produtos máis lixeiros de maior calidade para a elaboración final de combustibles. Nesta planta desenvolvésense estes tres proxectos que no caso do  G-54, alcanza tamén a unha unidade de recuperación de gases coa instalación dun único novo  compresor máis eficiente e a substitución de  turbinas de vapor por motores eléctricos. Conseguirase unha redución de emisións de CO2 de 12.506  t/ano

O G-52 conseguirá un aforro de combustible e reducirá as súas emisións de CO2 máis de 6.100  t/ano e o  G-53 é un proxecto de mellora de calidade do aire realizando melloras tecnolóxicas na planta e adaptándoa á última normativa europea existente.

A unidade de propileno

A nova columna de destilación ten como obxectivo obter unha capacidade de produción do propileno grao  polímero de 21.000 toneladas/ano e revalorizalo cun aumento da súa calidade en pureza. Este produto é utilizado na industria química como materia prima que serve como base para a fabricación dunha gran variedade de produtos como embalaxes, industria téxtil, papelería e envases.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)