Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Todos a unha



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



Para axudar ao medre da feira Mindtech 2019 e 2021, o delegado do Consorcio da Zona Franca de Vigo, David Regades, e o secretario xeral de Asime, Enrique Miguel  Mallón; asinan un convenio de colaboración. O CZFV achegará 100.000 euros para abonar gastos polo aluguer de espazos, inscricións e servizos da feira e divulgación.


Mallón confirmou a presenza de máis de 200 expositores na cita deste setemebro (entre os 10 a 12), incluíndo “fabricantes de maquinaria industrial, da automoción, da aeronáutica e a firmas tecnolóxicas”. O convenio será de tres anos. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presente na sinatura, dixo que “isto que está a suceder é unha mostra da nova dinamización da cidade; unha nova forma de entender a economía”.

O convenio asinado concorda coas actividades habituais das dúas partes, que xa colaboraron no ámbito do comercio exterior, emprendemento, organización de eventos empresariais. Trátatase de axudar a ter maior capacidade de negocio para as empresas e máis oportunidades de innovación aberta. É habitual que o CZFV traballe no desenvolvemento económico da súa área de influencia, pero entre as súas actividades teñen especial relevancia as relacionadas co fomento do comercio internacional. Pola súa banda a Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia organiza unha cita na que estarán presentes empresas líderes do sector industrial, metalúrxico, metalmecánico e das tecnoloxías asociadas a nivel nacional e internacional.

Regades engadiu que “esta colaboración suporá un reforzo para a feira Mindtech, cuxa capacidade dinamizadora a longo prazo atraerá máis negocio a Galicia de modo xeral, e a Vigo e a súa área de influencia de modo particular. Ademais, este convenio mostra a urxente necesidade de que o Consorcio da Zona Franca de Vigo forme parte do recinto feiral de Vigo (Ifevi)”.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)