Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

O 61% dos españois engorda durante o verán



REDACCIÓN · PUBLICADO O 13 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



O 31% nada menos que tres quilos, sobre todo superados os 45 anos. Os que teñen entre 27 e 35 son os que máis se coidan. Cervexas, xeados, comida rápida, chiringuitos, falta de exercicio e relaxo xeral son os coñecidos motivos. Pero divertirse non ten que ser sinónimo de "flotadores".


O equipo de nutricionistas de Nutritienda. com realizou unha enquisa a 1.500 persoas maiores de 18 anos de toda España como parte dun estudo sobre os hábitos alimentarios nestes meses de festa e desconexión. Por sexos, as mulleres parecen máis preocupadas polo tema: só un 53% delas engordan fronte a un 69% deles.

A todos os enquisados preguntóuselles en primeiro lugar se durante o verán engordaran, mantiñan o peso habitual ou se adelgazaban, ao que o 61% contestaron que gañaran peso, un 24% mantívose igual e só un 15% conseguira adelgazar.

1 quilo - 14%

2 quilos - 26%

3 quilos - 31%

4 quilos - 17%

5 quilos ou máis - 12%

Por idades, case oito de cada dez españois entre os 45 e os 53 anos engordan durante o verán (77,8%). Os que están entre 27 e 35 anos parecen estar máis preocupados polo seu físico e pouco máis de tres de cada dez deles soben de peso (34,5%).

18-26 anos – 43,3%

27-35 anos – 34,5%

36-44 anos – 65,9%

45-53 anos – 77,8%

54-62 anos – 74,6%

+63 anos – 68,8%

Despois preguntóuselles sobre as causas que fixeron que engordasen e estas foron as respostas máis común:

Maior consumo de bebidas alcohólicas (cervexa, viño, tinto de verán) 58%.

Maior consumo de xeados e doces – 47%.

Facer menos exercicio – 38%.

Picar máis entre horas – 34%.

Maior consumo de comidas precociñadas – 33%.

Tomar aperitivo no chiringuito – 26%.

Comer máis días e maior cantidade fóra de casa con amigos e familiares – 29%.

Maior consumo de combinados (alcol + refresco) –17%.

A todos os enquisados que recoñeceron que engordaran preguntóuselles se se puxeron a dieta cando este acabou, o 68% recoñeceu que si e o tempo que lles custaba recuperar o seu peso ideal sumou unha media foi de 2 meses.

Non está todo perdido!

Aínda quedan días de sol por diante e podemos tomar nota destes consellos para evitar gañar quilos e etr que baixalos despois, aínda que se estea de vacacións ou fóra delas:

Alimentación:

- Tentar comer e cear sempre á mesma hora.

- Converter as típicas comidas de inverno (guisos, frituras e  rebozados) na versión máis refrescante e saudable: gaspacho, ensaladas de legumes, verduras ao forno...

- Mellor tomar peixe azul (atún, sardiña, bonito, salmón...) que carne.

- Evitar as salsas moi calóricas e achegar sabor con vinagretas lixeiras, especias, aceite de oliva e sal.

- Ter froita conxelada en casa para preparar xeados caseiros e evitar desta maneira os xeados procesados.

- Planificar as comidas fóra de casa e ter en conta que sempre hai versións saudables: aperitivo de marisco, polbo á prancha, espetos...

- Substituír o alcol por auga e infusións naturais. Tamén se pode probar novos sabores engadindo toros de froitas a xerras de auga!

Deporte:

- Aproveitar a praia para dar un paseo, se pode ser coas pernas metidas na auga para atopar maior resistencia, mellor.

- É o momento mellor para nadar en praias e piscinas.

- Na montaña, roteiros de sendeirismo e se nos vai máis o risco, optar pola escalada ou a  espeleología.

- Hai que sacar partido do tempo libre e facer excursións culturais, visitar museos e exposicións.

- Bailar aproveitando festivais e festas. Exercicio estupendo ademais de divertido!



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)