Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Gañamos 12.391 habitantes en 2018



REDACCIÓN · PUBLICADO O 30 DE AGOSTO DE 2019 · (0)



A cifra supón un incremento nada menos que do 85% respecto de 2017. Este aumento explícase polo forte incremento da entrada de novos residentes a Galicia procedentes doutras comunidades autónomas e do estranxeiro.


No ano 2018 a chegada de xente ascendeu a 42.757 persoas. Unha cifra que superou amplamente o número de emigracións, 30.366, polo que o saldo entre os que marchan e os que chegan xoga ao noso favor. As catro provincias galegas rexistraron saldo migratorio positivo. En total, pasaron a residir en Galicia 24.183 persoas do estranxeiro e 18.574 doutras comunidades autónomas.

A diferencia entre entradas e saídas foi positiva tanto nas provincias atlánticas (6.155 habitantes en A Coruña e 3.319 persoas en Pontevedra) como nas provincias orientais: 1.708 persoas en Ourense e 1.209 habitantes na provincia de Lugo. Mentres, os cambios de residencia desde Galicia ao exterior mantivéronse estables, posto que o aumento foi do 0,4% segundo reflicte a explotación de movementos migratorios publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Os datos do IGE publicados hoxe confirman ese dato positivo por terceiro ano consecutivo. Ademais, é o maior saldo migratorio positivo que rexistra Galicia desde o ano 2008.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)