Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

A CEL inicia setembro cun curso de prevención do risco ergonómico



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



O próximo venres celébrase na patronal lucense o Curso Prevención do Risco Ergonómico: Educación Postural e Exercicio Físico, que busca, entre outros obxectivos, facilitar pautas para previr trastornos músculo-esqueléticos (TME).


Máis concretamente, o curso, que ten 40 horas de duración, terá lugar na Escola de Empresarios e Centro de Formación da Confederación de Empresarios de Lugo ata o vindeiro 19 de outubro, os venres en horario de tarde e o sábados polas mañás. O programa desta acción formativa, que será impartido por destacados profesionais especializados (un médico, fisioterapeutas e un licenciado en INEF), inclúe información sobre os principios de promoción da saúde no traballo ou sobre os principais riscos ergonómicos e a súa relación cos TME.

Igualmente, inclúe unha parte práctica na que se amosarán estratexias preventivas baseadas na promoción da actividade física, adestrando aos participantes en rutinas ao respecto e abordando aspectos psicolóxicos relacionados coa prevención e o manexo dos trastornos músculo-esqueléticos.

As prazas son limitadas e cúbrense por rigoroso orde de inscrición, que aínda pode formalizarse a través da web da patronal lucense www.cel.es ou chamando ao teléfono 982231150. O curso, o segundo desta materia que a entidade empresarial programa en 2019, enmárcase dentro da programación formativa da CEL de accións de fomento da prevención de riscos laborais 2019, que conta con financiamento da Xunta.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)