Publicidade

Ourense Termal


Atrás · Actualidade · A guía de ECO · Subscrición · Contacto

Limpeza a fondo dos ríos de Lugo



REDACCIÓN · PUBLICADO O 02 DE SETEMBRO DE 2019 · (0)



A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) investirá máis de 425.000 euros nun plan de choque que reforzará os traballos de conservación do Dominio Público Hidráulico. Eliminaranse restos que se depositan minguando a capacidade de desaugadoiro, e haberá clareos nas marxes incindo na revexetación de ribeira con especies autóctonas.


“Os traballos son imprescindibles para o bo estado dos leitos fluviais e sobre todo para evitar danos en momentos intensas choivas. As actuacións están a priorizarse en función do estado dos leitos e comezouse polos tramos máis próximos a poboacións. En segundo lugar atenderanse os tramos de leito susceptibles de inundacións pola presenza de árbores, ramas e vexetación que poidan producir taponamentos”, dixo durante unha recente visita aos traballos no río Madalena -que percorre Vilalba- o presidente da CHMS, Jose Antonio Quiroga.

O que se persegue é recuperar o funcionamento natural do río, amortecendo o efecto dos procesos hidrolóxicos, aumentando a súa heteroxeneidade e naturalidade procurando utilizar pedras, madeira e vexetación como materiais de traballo. Tamén haberá tratamentos  silvícolas para mellorar a capacidade de desaugadoiro dos leitos e acondicionar a banda de vexetación tanto en densidade como en estrutura. Os tratamentos  silvícolas inclúen rozas puntuais eliminando o exceso de matogueira e a maleza acumulada en zonas. Sobre o estrato arbóreo realizarase unha poda de ramas baixas. Tamén recuperarase a estrutura do leito eliminando restos vexetais, quitaranse árbores caídas e tapóns incindo na revexetación para a recuperación de bosques de galería.

Tamén aproveitarase para facer retirada de lixos e residuos dispersos urbanos, de construción e demolición, eléctricos e electrónicos e de vehículos que separaranse segundo a súa natureza e entregados a xestor autorizado. Por último, executaranse actuacións de restauración hidrolóxico-forestal e control da erosión para a defensa de marxes, coa instalación de biorrollos e mantas  biodegradables, estaquillado con especies vexetais do lugar, plantación de frondosas e sementa de gramíneas e leguminosas.



Comentar noticia








Enviar

Comentarios (0)